Problemas na lista de correo

2014-05-26 Conversa Miguel Branco
Desculpade, pero tivemos algún problema de administración coa lista de
correo. Volvede a enviar á lista os correos destas últimas semanas que
enviarades.

Saúdos!
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Fwd: [Hunspell] Debe haber un espazo entre os sintagmas de abreviaturas?

2014-05-26 Conversa Adrián Chaves Fernández
Reenviando por se acaso.

-- Forwarded message --
From: Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com
Date: 2014-05-26 7:55 GMT+02:00
Subject: [Hunspell] Debe haber un espazo entre os sintagmas de abreviaturas?
To: proxecto@trasno.net

 No módulo da comunidade temos moitas entradas de abreviaturas que non
levan espazo entre os seus sintagmas. Algúns exemplos (hai moitos máis):

conx.il.

D.E.P. po:abreviatura # descanse en paz

Emmo.Sr. po:abreviatura # eminentísimo señor

e.p.d. po:abreviatura # en paz descanse

E.P.D. po:abreviatura # en paz descanse

Agora mesmo estou facendo limpeza do módulo da comunidade, creando novos
módulos a partir de fontes “oficialistas” ou “pro-RAG” como os proxectos da
Fundación WikiMedia, e documentos (de universidades, de concellos, e
incluso un de Microsoft) que vou atopando que inclúen vocabulario como
abreviaturas, siglas, símbolos, topónimos, etc.

O caso é que din cun documento da UDC, «Criterios para o uso da lingua»,
que na súa edición de 2007¹ ten as abreviaturas unhas con espazos («p.
ex.») e outras sen espazos («p.n.», «e.p.d.»), pero que na edición de 2012²
parece ter todas as abreviaturas con espazos («e. p. d.», «p. ex.»). A raíz
disto intentei descubrir cales son os criterios neste sentido no galego, e
o único que atopei foi o seguinte na páxina de criterios lingüísticos sobre
abreviación da propia UDC³:

«O espazo que separa as palabras dun sintagma debe manterse na forma
abreviada, xa que cada unha delas redúcese independentemente.»

Gustaríame saber se debemos aplicar no Hunspell ese mesmo criterio co
vocabulario da comunidade (o que de momento non vai apoiado por fontes
alleas a nós), ou se debemos manter as abreviaturas sen espazos. Porque no
módulo da comunidade temos moitas entradas deste tipo sen espazos que
parecen sacadas do documento da UDC de 2007, e para as que non dou atopado
un documento que as apoie dado que da UDC só uso a última versión do
documento de «Criterios para o uso da lingua», a do 2012.

Que pensades? Sabedes dalgunha outra fonte pro-RAG que confirme ou desminta
a norma sobre os espazos entre sintagmas da UDC?

—

¹ http://www.concellodezas.org/linguazas/documentos/criterios_uso_lingua.pdf

² http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf

³
https://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/fundamentos/criterios/abreviacion.html
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Fwd: Completion

2014-05-26 Conversa mvillarino
-- Forwarded message --
From: mvillarino mvillar...@gmail.com
Date: 2014-05-12 23:35 GMT+02:00
Subject: Completion
To: Trasno - Lista proxecto@trasno.net

Creo que habería que tratar este termo nunha trasnada.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais»

2014-05-26 Conversa mvillarino
Boas:

Habería algún reparo a que engadise unha regra ao pology destinada a
avisar da presenza da conxunción adversativa «mais», e suxerindo no
seu lugar usar «pero» ?
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Fwd: Unha ligazón interesante

2014-05-26 Conversa mvillarino
Non hai mellor copia de seguranza que deixar algo en internet.

-- Forwarded message --
From: mvillarino mvillar...@gmail.com
Date: 2014-05-15 13:09 GMT+02:00
Subject: Unha ligazón interesante
To: Trasno - Lista proxecto@trasno.net

http://www.unicode.org/cldr/charts/25/summary/gl.html?hide
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

RE: Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais»

2014-05-26 Conversa Xosé
Non vexo a necesidade.

Xosé

 Mensaxe orixinal 
De mvillarino mvillar...@gmail.com 
Data: 26/05/2014  23:04  (GMT+01:00) 
A Trasno - Lista proxecto@trasno.net 
Asunto Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais» 
 
Boas:

Habería algún reparo a que engadise unha regra ao pology destinada a
avisar da presenza da conxunción adversativa «mais», e suxerindo no
seu lugar usar «pero» ?
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais»

2014-05-26 Conversa Antón Méixome
Se o consideras unha recomendación de estilo pode valer.

É certo que «mais» resulta unha forma un pouco cultista, refinada pero
sen chegar a sairse da lingua común.

2014-05-26 23:46 GMT+02:00 Xosé xoseca...@gmail.com:
 Non vexo a necesidade.

 Xosé

  Mensaxe orixinal 
 De mvillarino mvillar...@gmail.com
 Data: 26/05/2014 23:04 (GMT+01:00)
 A Trasno - Lista proxecto@trasno.net
 Asunto Fwd: [KDE] Conxunción adversativa «mais»

 Boas:

 Habería algún reparo a que engadise unha regra ao pology destinada a
 avisar da presenza da conxunción adversativa «mais», e suxerindo no
 seu lugar usar «pero» ?
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Hunspell] Debe haber un espazo entre os sintagmas de abreviaturas?

2014-05-26 Conversa Antón Méixome
A regra canónica é moi simple.

As abreviacións teñen dúas regras de ortografía que en realidade é
unha única regra pero complementaria

- abreviaturas → sempre levan punto e os elementos separados
- siglas → nunca levan puntos e os elementos deben aparecer xuntos

O que non hai (o que non debe haber) en xeral é abreviaturas xuntas
con puntos ou sen eles ou siglas con espazos.O quid da cuestión é
distinguir cando estamos ante unha sigla ou ante unha abreviatura.
Xeralmente, cando les as palabras completas (é dicir cando deconstrúes
as abreviación ao lela) entón estás ante unha abreviatura, cando se le
como unha palabra nova, tal cal entón tes unha sigla:

Ex: EE.UU. (abreviación) // USA (sigla)

Pode haber algunha excepción no caso de abreviaturas tradicionais moi
consolidadas que sigan outras regras  (por exemplo c/ para «conta
bancaria»)

O tema pode complicarse aínda moito máis con acrónimos, latinismos,
estranxeirismos, unidades de medida (símbolos), argot profesional,
etc.

Non hai ningunha fonte definitiva canónica porque non existe unha
estilística oficial da lingua galega. As Normas só actúan respecto da
morfoloxía e logo o vocabulario está no DRAG (é a única fonte
definitiva a este respecto pero na maioría dos casos non aparecen
recollidas). Esa é a razón pola cal as Universidades sacaron as súas
normas pero desgrazadamente neste aspecto son contraditorias entre
si.

O consenso actual entre profesionais é este que eu che digo e que
segue mais ou menos cabalmente as normas da USC do ano 2007 (obra de
Xusto R. Río) que por algo quen dá primeiro, dá dúas veces :-)

2014-05-26 18:03 GMT+02:00 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Reenviando por se acaso.

 -- Forwarded message --
 From: Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com
 Date: 2014-05-26 7:55 GMT+02:00
 Subject: [Hunspell] Debe haber un espazo entre os sintagmas de abreviaturas?
 To: proxecto@trasno.net

 No módulo da comunidade temos moitas entradas de abreviaturas que non levan
 espazo entre os seus sintagmas. Algúns exemplos (hai moitos máis):

 conx.il.

 D.E.P. po:abreviatura # descanse en paz

 Emmo.Sr. po:abreviatura # eminentísimo señor

 e.p.d. po:abreviatura # en paz descanse

 E.P.D. po:abreviatura # en paz descanse

 Agora mesmo estou facendo limpeza do módulo da comunidade, creando novos
 módulos a partir de fontes “oficialistas” ou “pro-RAG” como os proxectos da
 Fundación WikiMedia, e documentos (de universidades, de concellos, e incluso
 un de Microsoft) que vou atopando que inclúen vocabulario como abreviaturas,
 siglas, símbolos, topónimos, etc.

 O caso é que din cun documento da UDC, «Criterios para o uso da lingua», que
 na súa edición de 2007¹ ten as abreviaturas unhas con espazos («p. ex.») e
 outras sen espazos («p.n.», «e.p.d.»), pero que na edición de 2012² parece
 ter todas as abreviaturas con espazos («e. p. d.», «p. ex.»). A raíz disto
 intentei descubrir cales son os criterios neste sentido no galego, e o único
 que atopei foi o seguinte na páxina de criterios lingüísticos sobre
 abreviación da propia UDC³:

 «O espazo que separa as palabras dun sintagma debe manterse na forma
 abreviada, xa que cada unha delas redúcese independentemente.»

 Gustaríame saber se debemos aplicar no Hunspell ese mesmo criterio co
 vocabulario da comunidade (o que de momento non vai apoiado por fontes
 alleas a nós), ou se debemos manter as abreviaturas sen espazos. Porque no
 módulo da comunidade temos moitas entradas deste tipo sen espazos que
 parecen sacadas do documento da UDC de 2007, e para as que non dou atopado
 un documento que as apoie dado que da UDC só uso a última versión do
 documento de «Criterios para o uso da lingua», a do 2012.

 Que pensades? Sabedes dalgunha outra fonte pro-RAG que confirme ou desminta
 a norma sobre os espazos entre sintagmas da UDC?

 —

 ¹ http://www.concellodezas.org/linguazas/documentos/criterios_uso_lingua.pdf

 ² http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf

 ³
 https://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/fundamentos/criterios/abreviacion.html

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Fwd: Unha ligazón interesante

2014-05-26 Conversa Marcos Lans
Tem carácter oficial a terminoloxía galega que aparece?

En 26/05/14 23:05, mvillarino escribiu: