[TMX] Liberación do código fonte de TMX Editor 8

2014-05-31 Conversa Enrique Estévez Fernández
Boas.

Xa fai un mes que se anunciou pero ata finais de mes non publicaron o
código en github.

A empresa Heartsome: http://www.heartsome.net/en-US/home.html

liberou este proxecto para a comunidade. Supoño que pechan ou que xa non
lles interesa o aplicativo. A min si que me interesa e voulle votar un
vistazo a ver se ten o que preciso para xestionar memorias de tradución.
Está programado en Java e se non fora moi complexo podería adaptar ou
programar as cousas que lle falten e que eu precise.

Pero bueno, supoño que surxirá comunidade ou algunha persoa que o manteña.
Xa hai algún fork en github. Eu xa fixen o meu fork e tamén o estou
descargando para ter o código a man.

https://github.com/heartsome/tmxeditor8

Supoño que pode ser interesante para facer unha tmx de todos os proxetos de
Trasno, que se podería afinar con todas as funcionalidades que ten o
programa e que ata agora non había unha forma intuitiva de facelo.

Saúdos.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Axuda con termos

2014-05-31 Conversa Marcos Lans
Ola
Necesito axuda cos termos eggtimer e ticker desta cadea:

time;timer;eggtimer;ticker;watch;stopwatch;alarm;alert;clock;

Pertencen ao aplicativo Ubuntu clock para Ubuntu Phone. Eggtimer supoño
que se refire a un temporizador curto pero non atopo un termo que o
defina ben. En canto a ticker non teño nin idea de a que se refire.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [Tradutores-Ubuntu] Axuda con termos

2014-05-31 Conversa Miguel Bouzada
2014-05-31 18:37 GMT+02:00 Marcos Lans marcoslansga...@gmail.com:

 time;timer;eggtimer;ticker;watch;stopwatch;alarm;alert;clock;


o «eggtimer» é un cronómetro de cociña, co tempo para facer os ovos pasados
(por auga) e que adoitan ter forma de ovo ... cronómetro / temporizador de
cociña ?

ticker é reloxo :)
http://diccionario.reverso.net/ingles-espanol/ticker


-- 
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto