Re: O galego na informática

2001-01-28 Conversa Nuno André Novo
-Original Message-
From: Jesus Bravo Alvarez j...@pobox.com
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: Sat, 27 Jan 2001 01:28:14 +0100
To: tra...@ceu.fi.udc.es
Subject: Re: O_galego_na_informática

Boas:

En primeiro lugar comentar o agrado que me produciu comprobar que o 
desarraigo histórico non conquire tódolos proxectos normalizadores na Internet 
;)
En segundo lugar, quixera facer un comentario sobre o proxecto dun 
diccionario de terminoloxía informática.
Tés razón, Jesús, no tocante á dificultade de elaborar un documento de 
tales características, nembargantes coido que dispoñemos de todo o tempo e 
tódolos medios posto que nin caduca nin estaría nunca rematado, isto é, ó 
traducir unha aplicación ou un documento de GNU/Linux atopámonos con que pasado 
certo tempo este áchase desfasado, ou sexa, a utilidade da traducción é 
directamente proporcional a xuventude da mesma; nembargantes, no diccionario 
acontece de xeito inverso, canto máis tempo pase, suponse que máis xente 
correxirá, engadirá e depurará os termos incluidos no diccionario co que se 
convertirá nunha ferramenta cada vez máis útil. Do mesmo xeito, a colaboura non 
ten porqué ser perenne, ou sexa, calquera membro de TRASNO poderíalle botar 
unha ollada á última actualización do diccionario e decidir facer un comentario 
sobre un ou varios termos ou incluso engadir algún.
Xa lera o vocabulario dispoñible na páxina, pero coido que é máis útil para 
os traductores que o diccionario que propoño e menos para o usuario normal. 
¿Non credes?
Ben, sen máis despídome.
Unha aperta.
Nuno André Novo WoDeN n...@linuxmail.org

P.D.: Abofé que chegou estraga a miña mensaxe ;), coido que esta chegará en 
mellor estado.

P.D.: En breve enviarei á lista o pouco que había de diccionario para que polo 
menos lle botedes unha ollada.
-- 
Get your free email from www.linuxmail.org 


Powered by Outblaze
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


O galego na informática

2001-01-27 Conversa Nuno André Novo
Boas:
En primeiro lugar saudarvos a todos nesta miña primeira mensaxe á lista de TRASNO, e ofrecervos a miña achega en todo o posible.
En primeiro lugar, recoméndovos botar unha ollada a unha páxina que non ten desperdicio e concretamente a un comentario na mesma sobre a informática e o "galego" tirado do panfleto da caterva lusista Bonaval. E pra mostra un botón, a primeira columna é o termo en galego (¿?), a segunda en español (¡ups! ;)e a terceira en portugués (por suposto).

Almofadiña / Alfombrilla / Tapete 
Almofadiña / Alfombrilla / Tapete 
Enlazar / Enlazamento Enlazar Ligar / Ligação Vínculo 

(tirado de http://members.es.tripod.de/lingua/bonaval.htm)

Ademais do evidente descoñecemento da lingua que presumen falar, e a absurda, inocente e inútil demagoxia apresentada nesa páxina é sinalable a pouca profusión coa que teñe entrado a terminoloxía informática galega na linguaxe popular e nos medios de comunicación, que leva mesmo á xente que di defendela a descoñecer o termo (probablemente o máis empregado dentro dos esquecidos) "ligazón", por non comentar a sorpresa que me produciu comprobar que o que teño encol da cama é unha alfombra (non, si xa dicía eu que estas dores de pescozo non eran normais).
Todo isto ven, ademais de coma crítica ó coñecemento destes que se asociacian pra definir o termo castrapo e facer xuntanzas onde o máis importante é ¿descer? un río (caray! me magullé!), coma aviso da importante cantidade de galegofalantes en contacto coa informática que descoñecen a correspondencia galega dos termos que tan habilmente empregan en inglés ou español, e mesmo algúns en portugués.
Propoño a creación dun diccionario de terminoloxía informática con todo o que conleva, significado do termo, pronuncia, etimoloxía, sinónimos, etc.
Teño algo feito dun vello proxecto dos tempos de gzLinux que enviarei pra que lle botedes unha ollada e quen quera colaborar teña un referente.
Por último comentar unha iniciativa que considero sería bo apoiar desde as páxinas de TRASNO que é a de acadar un dominio de primeiro nivel pra Galiza. Aconséllovos lexades a faq de vieiros ó respecto, hai unha ligazón na páxina da que vos falo.
http://www.arnal.es/puntoga/

    Deica.

Nuno André Novo "WoDeN" <n...@linuxmail.org>
-- 
Get your free email from www.linuxmail.org 


Powered by Outblaze

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe


Re: normas

2000-03-23 Conversa Nuno André Novo
 Montecelo (CrEqUe) cre...@cfutura.com

  Deica

  WoDeN

  Nuno André Novo deba...@linuxmail.org
-- 
Get your free email from www.linuxmail.org 


br   
a href=http://adserver-hk.outblaze.com/cgi-bin/nph-ad1?id=6c=RANDOM 
img src=http://adserver-hk.outblaze.com/cgi-bin/nph-img1?id=6c=RANDOM
border=0/a
br