Re: =?iso-8859-1?Q?Re:_=?ISO-8859-1?Q?Portugu�s??

1999-08-10 Conversa Julio jose Gomez Diaz
On Fri, 6 Aug 1999, Julio jose Gomez Diaz wrote:

  Moi boa idea, ademais, os cambios serían aínda menores
 dependendo da norma adoptada para a traducción, por exemplo adoptando
 o galego reintegrado non habería que facer case que ningún cambio.

   Excepto que xa escollemo-la norma, creo recordar ben. Creo que
mellor coller algo que está claramente documentado como norma e ademáis é
oficial, que busca-lo galego que máis nos interese a cada un, que vai ser
seguramente distinto.

Punto un: As normas reintegradas están perfectamente documentadas.
Outra cousa é que non se ensinen nas escolas ou en BUP.

   Dende logo que aproveita-las traduccións de portugués pode ser moi
interesante e aforrarnos tempo, pero de todas formas, hay que ter coidado,
que non é o mesmo (que eu sepa os de catalán non collen francés, por
exemplo).

Buff, perdón por se a palabra soa un pouco forte, pero esa 
comparación é unha desafortunada ÍDEM, o catalán non ten nada que ver co 
francés (alomenos ten tanto que ver co francés como co español), e 
en troques o portugués xurdiu como un dialecto do galego (galego-portugués, vale
pero nótese a orde en que se di), que se oficializou trala independencia de 
Portugal.

Si os cataláns colleran como base as traduccións francesas, non se podería
dicir que os burros estean en perigo de extinción na península ibérica.

Non é que sexa distinto, é que non ten ningún punto en común.

Saúdos.
  
--

#X. X. G. D.   #
# (Phoenix sp.)-(Bubo oficcinalis)#
# e-mail: infjg...@ucv.udc.es  #
# Outro.: xu...@usa.net#
# http://capoeira.tsx.org  #



--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo unsubscribe na mesaxe


Re: =?ISO-8859-1?Q?Portugu�s?

1999-08-07 Conversa Julio jose Gomez Diaz
On Fri, 6 Aug 1999, Julio jose Gomez Diaz wrote:

 Por certo, que a falta de traducción ó galego eu teño o KDE en portugués,

   Eu penso que se podían aproveitar as cousas que xa están
traducidas ó portugués, porque na maioría dos casos só hai que cambiar as
terminacións dalgunhas palabras e pouco máis.

Moi boa idea, ademais, os cambios serían aínda menores
dependendo da norma adoptada para a traducción, por exemplo adoptando
o galego reintegrado non habería que facer case que ningún cambio.

En esencia, o portugués non está nada mal, é dicir sabendo, que
aparte de grafía distinta o idioma é, na orixe, o mesmo.

Saúdos.



--

#X. X. G. D.   #
# (Phoenix sp.)-(Bubo oficcinalis)#
# e-mail: infjg...@ucv.udc.es  #
# Outro.: xu...@usa.net#
# http://capoeira.tsx.org  #



--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo unsubscribe na mesaxe