Estimado Minhoca:

Minhoca escribió:
dmunhiz wrote:
Quero porme a traducir o joomla 1.5 (en trasno xa o comuniquei), sei que alguns dos integrantes de Ciberirmandades fan traducións de este CMS por iso o comento, xa que non me importaría colaborar se é que alguen quere coordinar o proxento.


Por certo, referente ao de colaborar, que saibas que a ciberirmandade ten as portas abertas a calqueira persoa e proxecto que vaia en beneficio da nosa lingua. A CIF a facemos entre todos e todas, polo que non tes mais que rexistrarte nos foros e xa es un mais de nos, con todo o dereito do mundo a participar nas decisións.

Grazas polo ofrecemento.
Aprobeito tamén para expoñerte un par de cousas, pregandoche que o poñas en coñecemento da xente de trasno.

Eu tamén estou na rolda de distribución de mancomún. Como sabes, a CIF puso en marcha fai un tempo o sistema de tradución on-line Entrans, e informamos na rolda de mancomún. Entón, entablamos conversas con mancomún, lle facilitamos a tradución que tiñamos feita do Entrans, e eles puxeron en marcha o mesmo sistema.

Eu tamén ando por esa lista (a de mancomún.org)
Eu non sei que vai facer mancomún, se pensan abrir o Entrans a calqueira organización que o queira usar. Ogallá sexa así. Dende logo, na CIF cando puxemos isto en marcha, tivemos claro que o Entrans quedaba aberto a calqueira colectivo ou particular que quisexe utilizarlo, con total control sobre el (administración, logos compartidos, ...)

Na CIF xa houbo unha proposta de pechar o noso Entrans, pero isto non tivo moitos apoios. Persoalmente dame medo que se pechen todas as iniciativas sociais que fan traballos de tradución, por pequenos que sexan (o noso traballo non é comparabel co voso), pois se algún día, por calqueira cambio de política, pecha mancomún, durante un tempo toda a base social quedará desfeita.

Penso, pois, que é moi interesante que unha entidade pública participe na tradución de softwre á nosa lingua, mais non me parece oportuno desfacer todo o existente.
Eu estou totalmente de acordo, é mais, eu penso que as entidades publicas é mellor que faciliten, apoien... pero o de levar o peso das traducións dame que é pan para hoxe e fame para mañá. Por iso vos animo a seguir tal como facedes co entrans da vosa web. Desde o meu punto de vista sería interesante que algún día trasno tivese o seu (entrans, pootle (que tanto lle gusta a marce ;-) )...)


Quedamos, pois, á vosa disposición se considerades oportuno compartir o noso Entrans. Tampouco teremos ningún problema en facilitarvos a tradución do Entrans se o queredes instalar vos no voso web.

Noutra orde de cousas, convidovos a que consideredes a oportunidade de facer un troco de banners (de diversos tamaños), sindicación RSS, ou inclusive se queredes que  vos montemos un foro dentro dos nosos (de xeito que os visitantes duns teñen mais doado ir ao foro dos outros). Esto último é algo que temos feito con arquitecturagalega.net ou falaceive (podedes velo nos nosos foros, na parte inferior) (os foros terían os permisos que vos consideredes).
Por min non hai problemal, remitireille este correo tal cual.

Conste que nada disto o teño plantexado na CIF, polo que chegado o caso, teria que facer a proposta correspondente.
Como che comento arriba, reenviarei este correo a trasno.

Ben. Todo isto non é mais que un conxunto de ideas, por se considerades algunha delas oportuna, respetando sempre a vosa liberdade e decisión.

Apertas
Daniel Muñiz
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a