Reenviando por se acaso.

---------- Forwarded message ----------
From: Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
Date: 2014-05-26 7:55 GMT+02:00
Subject: [Hunspell] Debe haber un espazo entre os sintagmas de abreviaturas?
To: proxecto@trasno.net


 No módulo da comunidade temos moitas entradas de abreviaturas que non
levan espazo entre os seus sintagmas. Algúns exemplos (hai moitos máis):



conx.il.

D.E.P. po:abreviatura # descanse en paz

Emmo.Sr. po:abreviatura # eminentísimo señor

e.p.d. po:abreviatura # en paz descanse

E.P.D. po:abreviatura # en paz descanse



Agora mesmo estou facendo limpeza do módulo da comunidade, creando novos
módulos a partir de fontes “oficialistas” ou “pro-RAG” como os proxectos da
Fundación WikiMedia, e documentos (de universidades, de concellos, e
incluso un de Microsoft) que vou atopando que inclúen vocabulario como
abreviaturas, siglas, símbolos, topónimos, etc.



O caso é que din cun documento da UDC, «Criterios para o uso da lingua»,
que na súa edición de 2007¹ ten as abreviaturas unhas con espazos («p.
ex.») e outras sen espazos («p.n.», «e.p.d.»), pero que na edición de 2012²
parece ter todas as abreviaturas con espazos («e. p. d.», «p. ex.»). A raíz
disto intentei descubrir cales son os criterios neste sentido no galego, e
o único que atopei foi o seguinte na páxina de criterios lingüísticos sobre
abreviación da propia UDC³:



«O espazo que separa as palabras dun sintagma debe manterse na forma
abreviada, xa que cada unha delas redúcese independentemente.»



Gustaríame saber se debemos aplicar no Hunspell ese mesmo criterio co
vocabulario da comunidade (o que de momento non vai apoiado por fontes
alleas a nós), ou se debemos manter as abreviaturas sen espazos. Porque no
módulo da comunidade temos moitas entradas deste tipo sen espazos que
parecen sacadas do documento da UDC de 2007, e para as que non dou atopado
un documento que as apoie dado que da UDC só uso a última versión do
documento de «Criterios para o uso da lingua», a do 2012.



Que pensades? Sabedes dalgunha outra fonte pro-RAG que confirme ou desminta
a norma sobre os espazos entre sintagmas da UDC?



—

¹ http://www.concellodezas.org/linguazas/documentos/criterios_uso_lingua.pdf

² http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf

³
https://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/fundamentos/criterios/abreviacion.html
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a