Re: KDE Kdeedu Step

2008-07-10 Conversa mvillarino
2008/7/9 Miguel Branco bandu...@gmail.com:
 Quen fixo Step? (mod. kdeedu) Porque acabo de cubir unhas 24 liñas ou así e
 falta por poñer os nomes dos tradutores. Xixirei? pode ser?

Que eu saiba, puiden ser eu, de cando Step estaba nun playground.

Estarei AFK até novo aviso, posibelmente dúas semanas, por favor non
me enviedes ficheiros até entón (reservádevos para telos ben ao día).

Outras cousas: recall pode aplicarse ás levas ou  enroles.


KDE Kdeedu Step

2008-07-09 Conversa Miguel Branco
 
Quen fixo Step? (mod. kdeedu) Porque acabo de cubir unhas 24 liñas ou así e 
falta por poñer os nomes dos tradutores. Xixirei? pode ser?


Kdeedu...

2008-05-13 Conversa Manuel A Vazquez
Ola a todos:
Eu estou de volta. Xa solucionei os problemas que tiña e podo axudar e seguir 
co kdeedu, se non o vedes mal...
Outra cousa. Non sei nada de xabi, pero confirmádeme as datas de entrega para 
kde 4.1, que segundo lin no equipo de tradución castelán son: o 20 de maio 
empeza a conxelación de cadeas (é dicir, non poden engadir máis cadeas), o 22 
de xullo, data de etiquetado, é dicir, a última data en que se aceptan 
traducións.
E así? 
Un saúdo:

 Manuel A Vázquez
xixi...@yahoo.es



  __ 
Enviado desde Correo Yahoo! La bandeja de entrada más inteligente.


Re: Kdeedu...

2008-05-13 Conversa mvillarino
O Martes, 13 de Maio de 2008, Manuel A escribiu:
 Ola a todos:
 Eu estou de volta. Xa solucionei os problemas que tiña e podo axudar e
 seguir co kdeedu, se non o vedes mal...
Marabilloso!
 Outra cousa. Non sei nada de xabi, 
 pero confirmádeme as datas de entrega para kde 4.1, que segundo lin no
 equipo de tradución castelán son: o 20 de maio empeza a conxelación de
 cadeas (é dicir, non poden engadir máis cadeas), o 22 de xullo, data de
 etiquetado, é dicir, a última data en que se aceptan traducións. E así?

Non chas podo confirmar con exactitude, pero penso que a mediados de xuño ten 
que estar todo entregado no repositorio.
-- 
Best regards
MV


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.


Re: Kdeedu

2007-12-27 Conversa Xabi G. Feal
O Wednesday 26 December 2007 20:46:47 Manuel A. Vázquez escribiu:
 Ola a todos:
 Estou a intentar retomar a tradución e vou mirar a ver que podo facer co
 kdeedu antes do día 3. 

Benvido sexas, non te agobies. Xa o mandarás cando poidas.

 Teño problemas con kbabel e co xestor de 
 catálogos... A ver que fago.

Benvido ao clube tamén.

 Saúdos
 Manuel A. Vaźquez



Re: Kdeedu

2007-12-27 Conversa Leandro Regueiro
On Dec 27, 2007 1:25 PM, Miguel Branco bandu...@gmail.com wrote:
 Igualmente, saudos!.

 Se necesitas axuda coa terminoloxía científica dalgúns paquetes axudo
 encantado (kmplot, kalzium, kalgebra...). Por moi incrible que pareza os
 biólogos temos que andar finos coas matemáticas e a estatística. ;) .

Pois serache porque as matemáticas e maila estatística son precisas en
todas partes. O que sempre me pareceu máis raro foi que a xente que
tira por un bacharelato tecnolóxico tivera que estudiar linguas, etc.
Se total sigo sendo un ser humano totalmente antisocial, mira ti de
que me valeu...

Ata logo,
 Leandro Regueiro


Re: Kdeedu

2007-12-27 Conversa Miguel Branco
Hahaha, non será pra tanto ho!. 

O meu é unha revindicación persoal. Cando lle dis a alghén, -no', é que son 
biólogo- mirante con cara de eh e espetan o de -eso que é, o dos bichos?-. 
A xente non ten idea de que as famosas analíticas que che fan nos hospitais 
non as fan os médicos, que a todo isto non teñen nin idea de como facelas, 
senón biólogos. E para iso tes razón, hai que pasar pola estatística e as 
mates, que están en tódolos lados (e grazas!). 

El Thursday 27 December 2007 14:25:05 Leandro Regueiro escribió:
 On Dec 27, 2007 1:25 PM, Miguel Branco bandu...@gmail.com wrote:
  Igualmente, saudos!.
 
  Se necesitas axuda coa terminoloxía científica dalgúns paquetes axudo
  encantado (kmplot, kalzium, kalgebra...). Por moi incrible que pareza os
  biólogos temos que andar finos coas matemáticas e a estatística. ;) .

 Pois serache porque as matemáticas e maila estatística son precisas en
 todas partes. O que sempre me pareceu máis raro foi que a xente que
 tira por un bacharelato tecnolóxico tivera que estudiar linguas, etc.
 Se total sigo sendo un ser humano totalmente antisocial, mira ti de
 que me valeu...

 Ata logo,
  Leandro Regueiro



Kdeedu

2007-12-26 Conversa Manuel A.
Ola a todos:
Estou a intentar retomar a tradución e vou mirar a ver que podo facer co
kdeedu antes do día 3. Teño problemas con kbabel e co xestor de
catálogos... A ver que fago.
Saúdos
Manuel A. Vaźquez