Segundo di Henrique Ferreiro no bug [1], o problema estaba na tradución
de apt, concretamente na entrada 24 [2].
Acabo de corrixir o problema, teño a impresión de que os scripts de
Rosetta tomaron unha cadea da tradución doutro paquete que non
correspondía, pero non o podo asegurar. Desafortunadamente agora mesmo
en Ubuntu non se ofrecen as actualizacións diarias dos paquetes de
idioma (curiosamente, porque están usando o servidor que as ofrecía para
as descargas de Feisty).
Como solución "manual" pódese copiar o ficheiro "apt.mo" que se pode
descargar de [3] a /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/apt.mo. Tenteino
mandar como adxunto noutro correo, pero era demasiado grande para a
lista. Se alguén o quere, pódemo pedir e mándollo por correo.
Un saúdo.
Felipe.
P.S.: Dani, moitas grazas polo aviso, descoñecía este problema.
[1]https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/apt/+bug/79165/comments/7
[2]https://translations.launchpad.net/ubuntu/feisty/+source/apt/+pots/apt/gl/+translate?start=20
[3]https://translations.launchpad.net/ubuntu/feisty/+source/apt/+pots/apt/gl/+export
Dani Muñiz wrote:
Ola:
Quería saber como está isto do lsb_release
,
https://bugs.launchpad.net/ubuntu/+source/apt/+bug/79165
é o fallo da lsb_release que so afecta aos que teñen o galego como idioma.
hoxe instalei o ubuntu 7.04 e o erro segue aí, no chuxa alguen da unha
solución
http://chuza.org/historia/poden-fallar-aplicacions-na-ubuntu-en-galego-por-un-bug-na-localizacion-de-apt
Que está a pasar? podo axudar a algo para solucionar isto?
Saudos