Ubuntu Galician Translators

2014-03-21 Conversa Xosé
Nesta páxina:

https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl/+members#active

aparece un número grande de solicitudes para ser membros do grupo de
tradutores de Ubuntu ao galego, algunhas de 2008. Como é o proceso? Como se
sabe que algunha solicitude foi rexeitada? Pódese ter dado o caso de que os
administradores non teñan recibido notificacións coas solicitudes?

Xosé
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Ubuntu Galician Translators

2014-03-21 Conversa Miguel Bouzada
Toda esa xente está nesa situación porque, tras darse de alta na páxina no
solicitaron seren membros do equipo. A maioría nin sequera se presentou ou
saudou enviando un correo.

Cando alguén envía o correo de solicitude, envíaselle un correo cun contido
como o que segue e que xa che da unha idea de cal é o método:

===

Benvido ao Grupo de tradución ao Galego, por estes lares tes a xente de
diversa índole e moitos de nos podémosche axudar a iniciarte na
localización ao galego de Ubuntu.

Recibimos unha solicitude de admisión do usuario « ()», que entendo
que es ti, nese sentido no UGT (Ubuntu Galician Translators) antes de
admitir a un membro máis, pedímoslle que realice unhas cantas traducións
para ver o nivel de galego (ortográfica, gramática e estilo) que ten. E no
caso de cometer erros titorízase para que corrixa ditos erros e siga os
consensos que temos estabelecidos.

Logo de este «harmonioso» parágrafo recoméndoche que comeces por ler o noso
wiki: https://wiki.ubuntu.com/UbuntuGalicianTranslators onde poderás atopar
información moi valiosa para os principiantes. Mentres nós procurámosche un
aplicativo co que poidas comezar a traducir.  Aló tamén tes ligazóns a
recursos ortográficos e estilísticos do idioma galego que é interesante que
leas.

Non esquezas apuntarte na lista do grupo.

É moi importante tamén que te integres no Proxecto Trasno (trasno.net), xa
que aí é onde se «coce» case todo e onde disporás de máis e mellor
información, especialmente no referente aos acordos terminolóxicos, estilo,
etc.

Precisamos que nos digas o ámbito no que tes máis competencias, isto é, se
traballas no mundo da medicina, ou do ensino, nós procurarémosche un
aplicativo relacionado con dito ámbito (se existe claro). Isto facilitará
que te inicies moito máis rápido.

Unha vez teñamos claro (os admin. do grupo) que segues os acordos e que tes
un nivel aceptábel de galego e de coñecementos da terminoloxía,
promoverémoste ao nivel de «tradutor»

===




2014-03-21 20:39 GMT+01:00 Xosé xoseca...@gmail.com:

 Nesta páxina:

 https://launchpad.net/~ubuntu-l10n-gl/+members#active

 aparece un número grande de solicitudes para ser membros do grupo de
 tradutores de Ubuntu ao galego, algunhas de 2008. Como é o proceso? Como se
 sabe que algunha solicitude foi rexeitada? Pódese ter dado o caso de que os
 administradores non teñan recibido notificacións coas solicitudes?

 Xosé

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto