Re: listas de correo

2000-04-01 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Thu, Mar 23, 2000 at 09:56:57AM +0100, Jacobo Tarrio escribiu:

 xa levo dito desde o primeiro que a unión das listas me parece un tema
 fundamental, así que canto antes o fagamos mellor, non?

 Máis que unión das listas, a creación dunha lista onde se poidan discutir
temas non directamente relacionadas co equipo galego do Free Translation
Project ou co equipo galego da LDP, etc :-)

 É dicir, unha lista na que escribamos todos, pero mantendo (se queremos,
claro) un sitio onde recibi-los avisos de novos pot, etc sen molestar aos
demais :-)

 Que creo que é o mesmo que propós ti, pero dito doutro xeito X-)

Eu consideraría a publicidade (cualidade de ser pública ;-)) dese
tipo de listas.  É dicir, a de recibir os avisos de novos .pot sería de
subscripción automática para aqueles que pertencemos ó grupo de traducción
de GNU, pero non sería preciso darlle a opción a todo o mundo a que se
subscriba...

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras


listas de correo

2000-03-23 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
POIS VOLVO A ENVIALA, A VER SE DESTA CHEGA ...

olá:

ben, xa leríades a mensaxe de presentación de Jesus, se non é así lédea.
esta vai para as consideracións sobre as listas de correo presentes e
futuras. comezamos ...


 - LISTAS FUTURAS -

creo que a necesidade máis primaria e quizais o que promoveu este
proxecto é obviamente unha lista de correo unificada entre tod@s @s
participantes. pero vou a plantexar isto doutra maneira a ver que vos
parece. vai dividido polas partes en que aparece nas páxinas de proba
(estarán axiña preparadas). e os nomes que lles dea ás listas son
puramente identificativos.

PRINCIPAL:
esa lista sería a principal e quizais a única, de propósito xeral, de
libre acceso, ... sería legal. tamén sería subsidiaria, é dicir,
temporal mentres non se crea outra que faga falla. ademais é a columna
vertebral do proxecto ...

agora paso a analizar pormenorizadamente. obviamente non se vai chegar a
tales extremos, pero xa que estamos ... o caso é que quizais conveñan
algunhas delas por diversos motivos. isto será mellor ilo facendo
segundo vexamos, é dicir, comezar coa xeral e poucas máis se así o
decidimos e ir dividindo se vemos que tal.

PROXECTO:
legal-proxecto esta sería a derivación natural desta mesma, para
discutir cousas sobre o propio proxecto, como furna para votacións,
... só estarían os coordinadores das seccións ou algo así, non a xente
que queira traducir e namais. non ten sentido que estea toda a xente
porque entón xa se utilizaría a xeral. eu creo que esta sería bo tela
alomenos ao comezo, ou tela aberta permanentemente aínda que non se use
decote, por se cómpre en momentos determinados(se se cumpre a premisa de
que non estea interesada a maioría da xente).

legal-axuda para contrucción do de axuda e meta-FAQs. a non ser que
documentemos máis a axuda que o resto das cousas non sería moi normal
x.

SOFT:
legal-GNU/GNOME/KDE/OUTROS/[todo-o-soft]/... se estamos 40 na lista e
só a metade de soft, poñamos por caso, non está ben spammear co dos
pots e esas cousas. como digo, podería haber unha para cada apartado de
soft(especialmente GNU e GNOME e se é viable KDE, OUTROS non creo que
sexa necesario) ou unha para todo o de soft(polo momento creo que é o
mellor).

DOC:
aquí a cousa complícase, ao ser moito máis diverso. por unha banda temos
documentación do LDP e non-LDP, logo HOWTOs/FAQs/Guias/pax info/pax
man/...

tal e como temos agora en gzlinux, eu creo que non fai falla unha lista
específica, pero igual si que convén facela para avisar das
actualizacións dos ducumentos(actualmente non facemos iso), ou cousas
moi específicas, ...

outro caso é o de guias que se traducen entre 5+ persoas, no que quizais
si que conveña poder facelas mentres dure a traducción.

OUTROS:
só serían posiblemente-necesarias se se pon en marcha algo deso.


como digo, isto maiormente dependerá da evolución das seccións. pero se
acabamos por ter máis dunha lista, convén ter un sitema rápido de
creación e suscripción ás listas.

o sistema de suscripción é moi doado: primeiramente decidir se se teñen
en listas de correo(ver as páxinas de proba), en cada sección
particular ou nos dous sitios. inclínome polo dos dous sitios, para que
así no caso de suscribirse a varias á vez facer o seguinte: entrar en
listas de correo, poñer o(s) enderezo(s) desexados nun cadro,
seleccionar con botóns de selección ou algo así e logo pulsar outro para
activar a acción.

outro caso é o de crealas, isto depende de se hai xente do grupo con
acceso privilexiado a algún sistema con xeito. creo que sería bo poder
crear e manexar as listas con facilidade.


 - LISTAS ACTUAIS -

outro tema é o das listas que hai actualmente, gpul-traduccion e
gzlinux. en todo caso, hai que mantelas un certo tempo por criterios de
compatibilidade. refírome á xente que non sabe ao principio que a
lista xa non se usa, e aos enderezos que quedan por aí perdidos en
buscadores, nos enlaces dos proxectos amigos etc. isto tamén sería
aplicable para as páxinas, pero non vai ese tema nesta mensaxe.

ademáis disto, creo que os dous grupos deberían decidir por si mesmos se
esas listas se manteñen, por diversos motivos: porque o grupo fai outras
actividades como por exemplo ir de peregrinaxe a compostela, para
criticar aos do outro grupo, para marujear sobre os amores segredos de
Tux, ...

isto non afecta en nada ao legal, na lista anterior de cada grupo só se
tratarían temas que non tivesen que ver coa traducción, así que se se
quere aproveitar para outras cousas ademais do da compatibilidade ...

supoño que a neste apartado das listas actuais estaremos todos dacordo
non?


ben, levántase a veda, comezade a criticar as miñas opinións ... xD


aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe