Re: [Tradutores-Ubuntu] [Guls] Reflexiós sobre o n osos futuro

2009-03-16 Por tôpico Denís Fernández Cabrera
Penso que é moi importante distinguir o detalle nesta proposta de
Miguel -- temos que ter, evidentemente, un funcionamento interno o
mais plural e democrático posible dentro do grupo de traballo e entre
nos, pero é *absolutamente vital* que presentemos unha postura
conxunta e coordinada de cara ao exterior.

Ten boa razón Francisco en que o 2M non é o apocalipse nen moito menos
-- o Software Ceibe existiu antes, e existirá despois. Ten
necesariamente que trascender esta situación. Pero é que a necesidade
dun grupo que nos coordine un pouco e que presente un interlocutor
claro de cara á sociedade xa viña de antes do goberno do bipartito:
sempre estivo aí, precisamente porque hai demasiadas "sensibilidades"
que en realidade se diferencian por cuestións que para a maioría da
poboación -- esa á que temos que convencer -- lle parecen bizantinos.

(Aproveito tamén este correo para comentarvos a todos que non me
esquenzo de que temos asuntos pendentes ca Xunta e co tema das
licenzas, Galinux e demais -- asuntos que quedaron truncados polas
eleccións e que hai que retomar en canto as augas se calmen. Acho, por
certo, que este "grupo de representantes" podería ser unha boa canle
para xestionar estes temas.)

Denís.

--
Denís Fernández Cabrera
mailto://de...@ceibes.org
http://gatonegro.ceibes.org

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] [Guls] Reflexiós sobre o nosos futuro

2009-03-16 Por tôpico Miguel Bouzada
2009/3/16 Denís Fernández Cabrera 

> Penso que é moi importante distinguir o detalle nesta proposta de
> Miguel -- temos que ter, evidentemente, un funcionamento interno o
> mais plural e democrático posible dentro do grupo de traballo e entre
> nos, pero é *absolutamente vital* que presentemos unha postura
> conxunta e coordinada de cara ao exterior.
>
> Ten boa razón Francisco en que o 2M non é o apocalipse nen moito menos
> -- o Software Ceibe existiu antes, e existirá despois. Ten
> necesariamente que trascender esta situación. Pero é que a necesidade
> dun grupo que nos coordine un pouco e que presente un interlocutor
> claro de cara á sociedade xa viña de antes do goberno do bipartito:
> sempre estivo aí, precisamente porque hai demasiadas "sensibilidades"
> que en realidade se diferencian por cuestións que para a maioría da
> poboación -- esa á que temos que convencer -- lle parecen bizantinos.
>
> (Aproveito tamén este correo para comentarvos a todos que non me
> esquenzo de que temos asuntos pendentes ca Xunta e co tema das
> licenzas, Galinux e demais -- asuntos que quedaron truncados polas
> eleccións e que hai que retomar en canto as augas se calmen. Acho, por
> certo, que este "grupo de representantes" podería ser unha boa canle
> para xestionar estes temas.)
>
> Denís.
>

As miñas palabras non viñan tanto a que tema unha debacle, como a que a
mudanza que se ten de producir na administración debe "provocar" unha
mudanza nos nosos xeitos de actuar "cara a galería" (entendendo esto no
senso positivo). Que andamos un pouco espallados esta ben craro, pero cando
falo con xente doutros grupos, a pesares das diferenzas, sempre acabamos
entendendonos e purrando no mesmo sentido, polo que creo que será doado
chegar a posturas comuns.

Esto creo que será positivo en todolos sensos para todos os implicados, por
activa ou por pasiva e cara a administracioón será máis sinxelo consensuar
actividades ao non ter que facer "panos quentes" asegún con quen falen/s.

Sempre tiven a sensación (digo:sensación) de que antes interesaba que
funcionaramos como "reinos de taifas" e sempre pensei (e sigo a pensalo) que
isto só favorecía á outra parte e non a os axentes do SwL.

 M B

-- 
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Instale OpenOffice dende
http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/...,
é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de
oficina, e está en continuo desenvolvemento."
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] Reflexiós sobre o nosos fut uro

2009-03-16 Por tôpico Francisco J. Tsao Santin

On Tue, 3 Mar 2009, Miguel Bouzada wrote:


Adxuntovos a todos un textiño no que desbarro un pouco sobre algunha idea
cara o futuro ...


"Ben e certo que ainda non temos ningunha referencia clara do que pode 
acontecer no futuro, pero de todos e sabido que o apoio do PP ó SwL non é 
moi alá que digamos. As únicas accións coñecidas Lliurex e Max 
(EducaMadrid) son acdcións anecdoticas e desvencelladas da comunidade, 
especialmente a de Valencia da que teño novas de que chegan ó extremo de 
usurpar aplicacións e de que as traducións encomendanse a empresas."


Acabo de chegar de Girona dun congreso, no que entre outra documentación 
recebemos un libro sobre o proceso de migración a software libre na 
Consellería de Infraestructuras e Transportes da Generalitat Valenciana. 
Dende logo, a min esta iniciativa non me parece anecdótica, nin o 
desenvolvemento de gvSIG, que xunto co Sextante, empurrado polo governo de 
Extremadura, está a ser a killer-app dos sistemas de información 
geográfica libres no mundo. Sobre o tema de encargar traducións a 
empresas... pois o mesmiño que hai por aquí, ¿non?


Non estou defender ó PP. O que quero dicir con esto, é que en realidade 
quen governe non ten importancia. O que importa é que a xente técnica que 
ven acompañando ós novos políticos, teña ganas e coñecemento para face-las 
cousas. Teño a sensación de que se está a falar do 2 de marzal como se 
houbese un cataclismo no software libre galego. Pensade como eramos hai 
catro anos. O que importa, ante todo, son as nosas comunidades do 
software libre. Se son fortes, quen esté nunha determinada administración 
non é relevante.


Tocante ó de facer unha especie de asamblea de axentes relacionados co 
software libre paréceme correcto (se ten que ter entidade legal ou non, xa 
se verá). Pero, aínda que sexa pouco operativo, e as experiencias pasadas 
sexan algo dolorosas, non estou de acordo no de reducir esa asamblea a 
dous representates facendo de interlocutores. Só entre grupos de usuarios, 
de traductores e asociacións de empresarios xa temos necesidade de tres 
representantes diferentes. Por outra banda, xa sabemos que entre os grupos 
de usuarios temos tamén ás veces posturas radicalmente opostas, polo que, 
mellor que falemos todos que que falen dous sós.



Tsao

--
Francisco J. Tsao Santín
http://tsao.enelparaiso.org
1024D/71CF4D62  42 F1 53 35 EF 98 98 8A FC 6C 56 B3 4C A7 7D FB-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] Tradución de "Search" na p áxina de inicio de Ubuntu

2009-03-16 Por tôpico Leandro Regueiro
2009/3/16 Felipe Gil Castiñeira :
> Recapitulando:
>
>    * Buscar:  + Miguel + Adrián + Felipe
>    * Procura: + Eduardo - Miguel + Roman + Adrián
>    * Procurar: + Daniel
>    * Busca: + Roman + Adrián + Felipe
>
> Eu a verdade é que non o teño moi claro acabo de mirar nos corpus e:
>
>    * Openoffice: usa buscar.
>    * KDE: usa procurar.
>    * Gnome: usa buscar.
>
> Persoalmente gústanme maís "buscar" ou "busca", xa que só teñen un
> significado, mentres que "procurar" ten máis significados. ¿Máis opinións?

Pois "buscar" ou "busca". Penso que é ó que a xente está máis afeita
(xa sei que é un razoamento malisimo)

Ata logo,
   Leandro Regueiro

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] Tradución de "Search" na páxina de inicio de Ubuntu

2009-03-16 Por tôpico Felipe Gil Castiñeira
Recapitulando:

* Buscar:  + Miguel + Adrián + Felipe
* Procura: + Eduardo - Miguel + Roman + Adrián
* Procurar: + Daniel
* Busca: + Roman + Adrián + Felipe

Eu a verdade é que non o teño moi claro acabo de mirar nos corpus e:

* Openoffice: usa buscar.
* KDE: usa procurar.
* Gnome: usa buscar.

Persoalmente gústanme maís "buscar" ou "busca", xa que só teñen un
significado, mentres que "procurar" ten máis significados. ¿Máis opinións?

Saúdos.
Felipe.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] Tradución de "Search" na páxina de inicio de Ubuntu

2009-03-16 Por tôpico Miguel Bouzada
Procurar e conquerir algo, as veces hay que buscalo para poder procuralo,
pero sempre que se busca algo é de xeioto independ4ente a que se queira
procurar ou conquerir.
Sigo decindo que procurar non é o termo axeitadoe sin ser filologo a min
cheirame a "hiper cultismo".

Cando estou a procurar o sacho no alboio as veces teño que buscar entre a
herba seca e se nón ir procuralo a horta e aínda así teño que buscalo entre
os regos.
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] Tradución de "Search" na páxina de inicio de Ubuntu

2009-03-16 Por tôpico Adrián Chaves Fernández
Román escribiu:
>  Ó igual que "Procura", "Busca" tamén serve coma imperativo e
> substantivo a un tempo. A min válenme ámbalas dúas.

Ídem.

Adrián Chaves

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] Política do grupo

2009-03-16 Por tôpico Leandro Regueiro
>> *Política de acceso*
>>
>>    Temía que o que acaba de pasar coas traducirás do KDE fose cuestión
>>    de tempo debido ao funcionamento todo/nada de Launchpad. Ata agora a
>>    política do grupo foi realmente simple:
>>
>>        * Solicitude de alta: Pido que o candidato/a faga unhas cantas
>>          "suxestións". Se estas son correctas dou de alta o novo usuario/a
>>        * Renovación:  Tense que pedir explícitamente. Fago unha
>>          revisión das traducións e se non hai cousas estrañas, aprobo a
>>          renovación.
>>
>>    No grupo de tradución ao español teñen un sistema de votacións: os
>>    novos candidatos teñen que facer unha boa cantidade de traducións,
>>    presentar a candidatura para entrar e logo precísase unha certa
>>    porcentaxe de votos positivos para ser aceptado.
>>
>>    Podemos aplicar un sistema parecido, pero é preciso que todo o mundo
>>    se comprometa a avaliar os novos candidatos. ¿Que opinades?
>>
>> *Revisión
>> *
>>
>>    Non existe un sistema de revisión como tal. Podemos crear un grupo
>>    cos máis experimentados que realicen revisións e cando detecten
>>    algún erro o comenten na lista cun obxectivo dobre: a) corrixir os
>>    erros b) ir formando aos máis novos (non só en "idioma", senón en
>>    estilo, etc.)
>>
>>    O problema con isto é que somos poucos e que Launchpad non
>>    implementa un sistema para levar o control das revisións. Se hai
>>    voluntarios para formar o corpo dos revisores, pódome encargar de
>>    montar a infrastrutura para que o traballo sexa o máis eficiente
>>    posible.
>>
>> Agardo as vosas respostas
>
> Aínda que non son o máis indicado, xa que hai na lista xente con máis
> "preparación" e experiencia, ofrezome para formar parte dese "corpo" ou polo
> menos, para facer un primeiro desbroce.

Estou de acordo en que seria aconsellable ter ese metodo, pero esixe
mais esforzo pola nosa parte. Por outra banda, como ben sabedes eu
estou aqui por estar, hai bastante tempo que non fago nada.

Ata logo,
Leandro Regueiro

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] Tradución de "Search" na páxina de inicio de Ubuntu

2009-03-16 Por tôpico Román
 Ó igual que "Procura", "Busca" tamén serve coma imperativo e
substantivo a un tempo. A min válenme ámbalas dúas.

 Saúdos

-- 
   Román

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl