Re: [Tradutores-Ubuntu] Cambios na coordinación do e quipo

2010-12-22 Por tôpico Antón Méixome
Ola Felipe demais colisteiros,

Primeiro que nada, hai que agradecerche a constancia durante anos no
mantemento do grupo. Grazas por un traballo discreto e efectivo de
coordinación que nos permite estar entre os tradutores máis eficaces da
comunidade Ubuntu. Quero pensar que coa rotación de responsabilidades te
mantés igualmente no grupo dándolle á tecla.

Como creo que non vou poder estar o martes en liña manifesto agora o meu
voto positivo á túa proposta. = +1

Como simple membro tradutor paréceme moi acertada a túa proposta e animo a
Miguel, de quen todos sabemos a capacidade de traballo e o seu compromiso
coa mellor calidade do traballo colectivo, a que acepte a carga que supón a
coordinación e levar adiante esta ilusión de manternos aí arriba. O labor de
Fran tamén se foi revelando ultimamente como clave para resolver atascos,
abrir novas vías de colaboración, lograr unha maior integración en Ubuntu,
unha mellor consideración para o traballo dos tradutores ademais da mellora
da propia distribución en aspectos que só están ao alcance de grandes
coñecementos de fondo.

Seguirei colaborando o mellor que poida pola miña parte e aproveito para
desexarvos felices festas a todas e todos.

Un saúdo,

Antón Méixome



2010/12/22 Felipe Gil-Castiñeira 

>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] Cambios na coordinación do equipo

2010-12-22 Por tôpico Felipe Gil-Castiñeira

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] Cambios na coordinación do equipo

2010-12-22 Por tôpico Miguel Bouzada
2010/12/22 Felipe Gil-Castiñeira 

> Boas,
>
> Como xa comentara hai meses, cada vez me queda menos tempo libre polo
> que a miña actividade na tradución de Ubuntu é moi baixa. X a no seu día
> decidíramos compartir a coordinación entre Miguel Bouzada, Fran Diéguez
> e eu mesmo. Seguindo con ese proceso eu vou deixar coordinación, e
> paréceme un bo momento para definir claramente as funcións de cada un.
>
> A miña proposta é que Miguel se encargue da coordinación das traducións
> e que Fran leve as relacións con Canonical/Ubuntu. Por suposto, a
> decisión non é nin ten que ser miña, senón que se ten que tomar no
> grupo. Podemos quedar o próximo martes ás 19:00 (ou noutro momento que
> se decida na lista) na canle #ubuntu-gal do IRC.
>

Supoño que na rede «irc.freenode.net»


>
> Un saúdo!
> Felipe.
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


[Tradutores-Ubuntu] Cambios na coordinación do equ ipo

2010-12-22 Por tôpico Felipe Gil-Castiñeira
Boas,

Como xa comentara hai meses, cada vez me queda menos tempo libre polo
que a miña actividade na tradución de Ubuntu é moi baixa. X a no seu día
decidíramos compartir a coordinación entre Miguel Bouzada, Fran Diéguez
e eu mesmo. Seguindo con ese proceso eu vou deixar coordinación, e
paréceme un bo momento para definir claramente as funcións de cada un.

A miña proposta é que Miguel se encargue da coordinación das traducións
e que Fran leve as relacións con Canonical/Ubuntu. Por suposto, a
decisión non é nin ten que ser miña, senón que se ten que tomar no
grupo. Podemos quedar o próximo martes ás 19:00 (ou noutro momento que
se decida na lista) na canle #ubuntu-gal do IRC.

Un saúdo!
Felipe.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


[Tradutores-Ubuntu] [Terminoloxía] SmartHost

2010-12-22 Por tôpico Miguel Bouzada
Falando de «smarthost» (mail relay server).

http://profesores.matcom.uh.cu/~kyrie/blog/uploads/files/jabberd-smarthost.pdf
En SMTP, es popular el concepto de smarthost: es un servidor cuya función
será intercambiar correos entre una la red interna y la externa. Cuando un
SMTP tiene que entregar un correo, se le presentan tres alternativas:

Vexo que en castelán, ás veces, tradúceno por «pasarela»

Tendo en conta que é un "tipo ou clase" tecnicamente moi concreto dubido de
buscarlle unha tradución tipo "servidor intelixente", "pasarela" ou como no
PDF que ligo, no que falan dun «servidor intermedio»

Suxestións ?
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl