Re: [Tradutores-Ubuntu] Ubuntu Galician Translator, no é quen traduce a Ubuntu :/

2009-10-28 Por tôpico Suso Baleato
Boas,

Hoxe entérome de que traducín Ubuntu; igual mañá esperto descubrindo 
que traducín tamén o Windows Vista... en fin.

Para que non haxa dúbida nengunha: confirmar que o tema Ubuntu eu nin o
mencionei na entrevista que me fixeron, alén de que eu sempre recoñezo
explícitamente as contribucións a quen as fai, e para mostra un botón da
última:

http://www.openoffice.org/issues/show_bug.cgi?id=106392

Desde logo queda claro que o aspecto da comunicación é algo que temos que
mellorar nos proxectos de software libre; se estas cousas pasan con Ubuntu,
que é coñecido, non quero imaxinar o que pode pasar coas ducias de pequenos
proxectos que hai por ahí... tamén queda claro que hai determinadas personas
dispostas a intoxicar difundindo mentiras e bulos e como este: ese tipo de
actitudes destructivas só sirven para crear confusión e dividir á comunidade.

Alá cada quen coa súa conciencia e co seu karma; pero que ninguén pretenda
facerme responsabel do que escreba un xornalista sobre min ou sobre os
proxectos nos que eu colaboro, como é o caso de g11n.net.

Saúdos,



Frco. Javier Rial escrebeu:
> Eu vistos os últimos acontecementos, lamentablemente xa mo esperaba.
> 
> Creo que a partires de agora, adicareime a traducir pequenos proxectos nos
> que non teña que depender de ninguén.
> 
> 2009/10/28 Fran Dieguez 
> 
> > -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
> > Hash: SHA1
> >
> > Frco. Javier Rial escribiu:
> > >> Xa vemos que esa plataforma está pensada para seguir a usurpar o
> > traballo
> > >> da
> > >> comunidade, como xa fixera noutrora
> > >>
> > >
> > > +1.000.000
> > Manda carallo!! Ousexa que as horas que me tirei eu traducindo,
> > corrixindo e resolvendo bugs para que se leve o mérito outra persoa.
> >
> > Moi ben, moi ben tereino en conta. Xa en principio pido unha
> > rectificación de tal diario.
> >
> > - --
> > Fran Diéguez
> > http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
> > GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
> >
> >
> > -BEGIN PGP SIGNATURE-
> > Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> > Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
> >
> > iEYEARECAAYFAkroW8gACgkQmLtmJqKk+bjLiACfbj+qaouq7kDLPjjjckucHUv8
> > KE8AnA9Wu5dFQGSRFaJkOkOVZpP5wVsL
> > =eiCU
> > -END PGP SIGNATURE-
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
http://susinho.pagina.de/

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] Nova data límite de traduci óns - 25 de outubro

2009-10-23 Por tôpico Suso Baleato
Estupendas novas! :)

Fran Dieguez escrebeu:
> -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
> Hash: SHA1
> 
> Ola rapaces,
> 
> boas novas!!! acábanme de comunicar que hai unha prórroga na extracción
> final das traducións en Karmic debido a que hai reportados algúns erros
> (entre eles o noso, pero xa está solucionado)
> 
> Vamos que a nova data é:
> 
> 26 October 22nd - ReleaseCandidate, LanguagePackTranslationDeadline
> 
> Como vedes os que temos instalado e actualizado a beta non estamos
> todavía na Release Candidate... E se seguimos así non sei, pero me da a
> min que van a retrasar a data de liberación pero isto é só unha impresión.
> 
> Vou buscar erros de tradución para aproveitar estes dous días que nos
> quedan!!! os que tope os envio aquí
> 
> Saúdos.
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
> 
> 
> -BEGIN PGP SIGNATURE-
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
> 
> iEYEARECAAYFAkriBoYACgkQmLtmJqKk+biGKACffo2A1VB19zqEzJcA5iGrO6Ni
> 8BUAn08yO9TyczADKa6YPF68+CL4wA4/
> =iTFf
> -END PGP SIGNATURE-
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
http://susinho.pagina.de/

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


[Tradutores-Ubuntu] Novo servizo para xestión de p roxectos de galeguización: http://proxectos .g11n.net/

2009-10-18 Por tôpico Suso Baleato
Boa tarde,

Escrebo para avisar da posta en produción do servizo de xestión de proxectos
de galeguización[1]. Trátase dunha ferramenta que facilitará a labor das
personas responsabeis dos distintos proxectos de galeguización e que
permitirá mellorar a integración das distintas iniciativas vencelladas. O
enderezo para acceder a este servizo é o seguinte:

  https://proxectos.g11n.net/

Como se pode apreciar é preciso autenticarse para poder empregar este
servizo, o que implica dispoñer dunha conta que permita o acceso. Neste
sentido a mecánica é sinxela: outórgase automáticamente conta co rol de
"xestión de proxectos" ás personas responsabeis de iniciativas de
galeguización que, en ausencia de obxecións, o soliciten na rolda
comunitaria. Dende esa conta pode xestionarse o propio proxecto ademais
de visualizar o resto dos proxectos activos para mellorar a
interrelación.

Os únicos proxectos activos neste momento son os que eu xestiono de 
galeguización de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME, así como o
proxecto de adaptación para o galego do corrector lingüístico
LanguageTool xestionado por Susana Sotelo.

Por suposto: novos proxectos son benvidos :)

Saúdos,

[1] Compre insistir, para tranquilidade das personas máis independentes,
na idea de que non é preciso darse de alta neste servizo para 
participar nos proxectos de galeguización, nin siquera naqueles
que estén xestionados mediante este servizo. Trátase únicamente dunha
ferramenta para facilitar as tarefas de _xestión_ dos proxectos de
galeguización. Explícitamente nada ten que ver este sistema nin
interfire coas tarefas de tradución, revisión lingüística, escolla
terminolóxica, remisión de traducións aos repositorios e similares, 
que continuarían funcionando exactamente igual que até o
presentebapache2-mod-wsgi.

-- 
http://susinho.pagina.de/
-- 
http://susinho.pagina.de/

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] [G11n] coordinación OpenOf fice.org + Mozilla + GNOME

2009-10-17 Por tôpico Suso Baleato
Boas Javi,

Antes de nada agradecerche públicamente o teu compromiso coa localización do 
OpenOffice.org e tamén o teu ofrecemento, que se une o que xa fixera o Antón
Méixome. A verdade é que contar convosco é unha garantía tanto de continuidade
como sobre todo de calidade.

Estou agora revisando o correo atrasado (e perdido, pois como sabes a Xunta
desconectou o meu correo moi amabelmente sen avisar) dos proxectos que
coordeno pra propoñer un calendario que viabilize a continuidade das traducións
tanto de OpenOffice.org como de Mozilla e mais GNOME, agora xa sen o apoio
profesional das empresas e organismos públicos que viñan asumindo parte das 
tarefas de localización. 

Xa adianto que a miña proposta será darlle prioridade ás versións maiores que
prevean incorporarse a Ubuntu como primeiro criterio, por ser a distro que
conta co grupo de localización máis dinámico e consolidado, e por ser a base
do AraOS e metapaquetes derivados. Agardo que nas próximas horas poida entrar
en funcionamento un servidor colectivo que me axude a sobrelevar a xestión 
destes proxectos co mínimo impacto sobre os tradutores, pois sei ben que 
preferides traballar de forma independente (e penso que é bó que sexa así).

Aproveito para comentarche tamén que acabo de revisar o documento que enviaches;
penso que todo está correcto e que claramente pode cumprir a función de 
facilitar
a incorporación de nova xente ao proceso. Enviarei agora o que esquecín xuntar 
no
correo da semana pasada, descrebendo o mesmo proceso pero en Mozilla.

Saúdos,

Frco. Javier Rial escrebeu:
> Suso:
> 
> Na rolda de desenvolvemento das comunidades de OpenOffice.org 
> (d...@l10n.openoffice.org) tes uns requirimentos por parte da xente de Sun 
> para a 
> correcta xestión da tradución ao galego.
> 
> Bótalle un ollo para que non haxa ningún problema coa seguinte versión do 
> OpenOffice.org.
> 
> P.D.: Pola miña parte, xa estou a piques de rematar a documentación relativa 
> aos procesos da tradución do OOo.
> 
> Saúdos.
> 
> -- 
> Frco. Javier Rial Rodríguez   
> 
> Técnico
> Avda. de Vigo, s/n Campus 15705   Santiago de Compostela (Galicia/ES)
> Tel/ Fax: (0034) 981 569 810/ 981 594 616 
> 
> ___
> G11n mailing list
> g...@mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
http://susinho.pagina.de/

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


[Tradutores-Ubuntu] Nova rolda de correo comunitaria funcionando: comunid...@g11n.net

2009-10-17 Por tôpico Suso Baleato
Boas,

Acaba de entrar en funcionamento a rolda de distribución de correo 
comunitaria instalada para minimizar o impacto do actual proceso de 
desmantelamento de Mancomún e o posibel feche da súa rolda g11n, que tan
efectiva foi no pasado para mellorar a comunicación entre as distintas 
partes -ás veces contrapostas- que conforman esta comunidade. Os novos
enderezos son:

  Servidor:   https://roldas.g11n.net/
  Rolda   :   comunid...@g11n.net

O funcionamento é idéntico ao que xa coñecemos; entre as súas
características:

- Arquivo público (procesos decisionais participativos e transparentes)
- Resposta á rolda por defecto (e non ao/á remitente, algo bastante molesto)
- Suscrición automática con aprobación (para evitar bots de spammers)
- Administración colectiva (para que todos/as poidamos dedicir)

Nuns minutos todas as personas agora subscritas rolda de Mancomún recibiredes
un convite para vos inscreber nela libremente, con só clicar na ligazón web
que vos chegará ao correo. Desta forma poderemos continuar comunicados aínda
no caso de que se cumpran as peores espectativas.

Deixamos tamén habilitada unha réplica da rolda de Mancomún á que podedes
acceder a traverso da web da nova rolda comunitaria [1]. Manteremos esa 
réplica actualizada para evitar que o desmantelamento de Mancomún ocasione a 
perda da información contida nela.

Saúdos,

[1] https://roldas.g11n.net/mailman/listinfo/comunidade

-- 
http://susinho.pagina.de/

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


[Tradutores-Ubuntu] Novo servidor IRC comunitario funcionando: irc.g11n.net

2009-10-16 Por tôpico Suso Baleato
Boas,

Dar conta da posta en marcha do servidor IRC para facilitar a celebración de
xuntanzas virtuais e sesións de traballo simultáneo en grupo. Trátase dun
servidor IRC estándar que ademais incorpora a posibilidade de criptografar as
conversas para quen precise de maior privacidade. Para unha conexión normal,
os datos son os seguintes:

Servidor: irc.g11n.net
Porto   : 6667

Por defecto ocúltase a IP da conexión para evitar miradas "indiscretas". No
caso de ademais querer criptografar as conversas, é preciso indicar a opción
"SSL" e o porto 6670. Por exemplo empregando o irssi (cliente que
recomendamos) valería a seguinte cadea de conexión:

/server -ssl irc.g11n.net 6670

Polo demais, é un servidor estándar que funciona igual que calquera outro
servidor IRC, e queda prendido permanentemente. Non fai falta pedir permiso
nin rexistrarse para empregalo; é un servidor público a disposición da
comunidade de localización.

Saúdos,

Nota: unha vez conectado, podes unirte a unha das canles existentes ou
ben crear unha nova fácilmente con /join #nome_da_canle

-- 
http://susinho.pagina.de/

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] [G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade

2009-10-15 Por tôpico Suso Baleato
Boas,

Esqueceume poñer a ligazón ás novas; unha é a da Nosa Terra, que xa chegou,
outra está en Vieiros (agora non atopo a ligazón) e as outras dúas enlazan
dende eiquí:

http://www.xornal.com/artigo/2009/10/14/sociedad/xunta-non-financiara-mancomun-porque-proxecto-do-bipartito/2009101423343193015.html

Desconecto até mañá, grazas á Ciberirmandade por ofrecer as súas máquinas e 
ánimo aos de Trasno co seu proxecto de asociación, cantos máis sexamos mellor.

Saúdos,

Suso Baleato escrebeu:
> Boas,
> 
> Dou conta do encontro de onte, agradecendo públicamente ao personal da
> Faculdade de Filoloxía a súa dilixencia tanto para facilitarnos en tan 
> pouco tempo a sá multimedia como despois para ubicarnos noutra sá debido
> a que reunión se alongaba e compría activar as alarmas.
> 
> Por resumir para que non queira seguir lendo: comezamos sen máis demora
> a fazer copia de seguridade sobre unha plataforma que poderá funcionar,
> ceteris paribus, de forma independente e autoxestionada durante os 
> próximos 10 anos.
> 
> O guión do que falamos é o que propuxo Susana ao principio da reunión,
> -que por certo, tamén se encargou de imprimir os indicadores que se ven
> nas fotos anexas, té e máis cousas en plan anfitriona total- e que pode
> atoparse eiquí: 
> 
> http://gramatica.usc.es/wiki/sistemas/L10N/Eventos/G11n3
> 
> Resumindo:
> 
> * Recursos e datos que cómpre salvar do desmantelamento, que se queren
> disponibilizar en forma de copia navegabel no servidor adicado:
> 
> - Desenvolvemento:
>   - Forxa (CVS, BBDD, wikis, roldas, info dos proxectos)
>   - AraOS, Galinux (documentación e debs)
> 
> - l10n: 
>   - GNOME, OO.org, Mozilla non fai falta réplica xa que cada un 
> destes proxectos ten infraestructura propia independente de
> Mancomún, se ben sí se gardará copia dos primeiros binarios do
> oo.org (algunhas cousas como o golfinho ou exeria só parecen
> funcionar con esas) e mais os xpi de mozilla (esto xa non é moi
> útil, pero forma parte da intrahistoria de mozilla, e teñen valor
> sentimental. 
>   - Recursos lingüísticos publicados (tipo TMX, glosarios e demais)
>   - DVD PEME, Koha e outras (obter traducións, ver en cada caso)
>   - Toda a documentación publicada
> 
> - A maiores:
>   - Copia dos arquivos públicos das roldas de correo, periódica
>   - Mirror da web, incluíndo wiki
> 
> * Distribución dos servizos:
> 
> - Servidor adicado: Réplica, repositorio, foros, web, wiki, software de
>   rede social e todo o que faga falta, agás o asignado a:
> 
> - Servidor emerxencia: rolda g11n co seu arquivo, servidor DNS dos 
>   dominios (co .net de cabeceira) e servidor IRC criptografado para o
>   traballo diario e as xuntanzas periódicas.
> 
> - Se alguén ofrece calquera outro servidor, redirixirase o subdominio á IP
>   correspondente, para poder sumar novas iniciativas de forma rápida e
>   flexibel.
> 
> * Estratexia para o traslado:
> 
> - Farase copia dos recursos que sexan públicos e deixaranse a disposición
>   da xente do CESGA e de Trasno contas scp/ sftp para que copien alí o que 
>   consideren preciso. A idea é que baste enviar a chave pública para activar
>   a conta e iniciar o respaldo.
> 
> - No que se refire ás roldas gardaremos copia periódica dos arquivos que
>   sexan públicos e que se manterán estáticos; non se manterán as actuais 
>   roldas públicas funcionando -agás que haxa unha solicitude nese sentido e
>   alguén disposto a asumir o mantenemento- agás no caso da rolda g11n que
>   seguirá funcionando coa mesma configuración actual. No caso de que no CESGA
>   suban copia do arquivo, faremos o merge correspondente; noutro caso
>   manterase unha copia estática navegabel do arquivo anterior enlazado dende
>   a web de información do mailman.
> 
> - Non parece que teña sentido manter o mirror do Typo3 actual e dos wikis máis
>   que a efectos de arquivo histórico; por tanto non se instalará o Typo3 (a 
> non 
>   ser que haxa quen se preste voluntariamente a fazelo) senón que se gardará
>   copia estática do contido publicado. A web de referencia, en tanto non se 
>   defina outra solución -e Joomla aparece como opción preferente- será a que 
>   amose o mailman para a rolda.
>  
> - Wiki: o mesmo que para a web; manterase unha copia estática do publicado sen
>   descartar incorporar eses contidos ao wiki do servidor adicado. 
> 
> - Forxa: ver o primeiro punto. Manualmente só se fará copia dos proxectos 
>   máis directamente relacionados coa g11n; non se considera montar outra forxa
>   (de novo, agás que haxa quen se preste voluntariamente a facelo).
> 
> * Tarefas concretas para a migración:
> 
> - Configurar as contas s

Re: [Tradutores-Ubuntu] [G11n] Liberación de AraOS v1.0 para Ubuntu

2008-11-28 Por tôpico Suso Baleato
Boas,

Tal como prometimos, acabamos de liberar a 1.0 de AraoOS para Ubuntu comeza a
espallarese a nova...

http://chuza.org/historia/mancomun-libera-araos-para-ubuntu-2/

Saúdos e grazas a [EMAIL PROTECTED] :)

Suso Baleato escrebeu:
> Boas a todos/as:
> 
> Escrebo pra poñervos ao tanto dos progresos acadados nos últimos meses.
> 
> - A respeito do AraOS, avisarvos que acabamos de liberar a version 1.0 para
>   Ubuntu 8.04, que resolve algúns problemas detectados na versión anterior e
>   incorpora un novo tema gráfico do que vos adianto unhos pantallazos. Aínda
>   que a nova detallada aínda a publicaremos a semana próxima, adiántovos que
>   xa están subidos os pacotes .deb ao repositorio [0], de modo que se alguén
>   quere ila probando xa ou botarlle unha vista de ollos ao código, xa pode
>   ilo facendo.
> 
> - A respeito das tres adaptacións que tiñamos encargadas (pemetic, dinamiza e
>   galinux), a primeira está en produción nas oficina de seguemento do PEGSI
>   [1] e do OGSI [2] (8 postos) e foi empregada na presentación do prototipo 
>   de intranet [3], a segunda tamén está en produción na oficina de 
>   coordenación da Rede de Dinamización [4] (11 postos) e a terceira acaba
>   de ser remasterizada [5] a semana pasada.
> 
> - En canto ao calendario de liberación destas tres adaptacions, a única
>   inminente sería a da última, xa que as dúas primeiras aínda teñen que 
>   incorporar as melloras que foi definindo a xente que as foi usando. A este
>   respeito é contarvos que estamos a traballar pra que esta liberación se
>   faga a traverso dun acto público no que trataremos de poñer sobre a mesa o
>   tema de migrar a Xunta a software libre. Para esto estamos pensando nunha
>   xornada dunha mañá que abriríamos cunha ponencia de alguén que nos fale de
>   casos de éxito de migracións masivas a software libre noutras
>   administracións públicas (seguramente Brasil e senón Alemania) demostrando
>   que técnicamente é posibel migrar a software libre a Xunta; despois
>   presentaríase a liberación propiamente dita a cargo dalgún responsabel
>   institucional da Xunta e fecharíamos o acto cunha mesa redonda ou similar 
>   na que participen representantes da comunidade galega do software libre.
>   Aínda non están fixados os detalles e todo esto está a falarse nestes días
>   así que se tendes ideas ou suxestións facédenolas chegar ao enderezo 
> 
>   eventos (en) mancomun.org 
> 
> - En canto ao AraOS para a Ubuntu 8.10, polo que estivemos vendo atopámonos
>   con que hai cambios sustanciais a respeito da 8.04, polo que estamos a
>   redefinir o calendario de traballo; en canto o teñamos perfilado xa volo
>   facemos chegar. Tamén sería nesta fase cando poderíamos comezar a pensar
>   en portar o AraOS para algunha outra distro (Debian, SuSE, RedHat, 
>   Gentoo...) de xeito que se alguén estiver interesado/a só ten que 
>   propoñerse e miramos o xeito de sincronizarmos o traballo.
> 
> Pois nada máis (e nada menos). Calquera cousa xa sabedes,
> 
> Saúdos,
> 
> --
> 
> [0] http://ftp.mancomun.org/
> [1] http://www.sociedadedainformacion.eu/
> [2] http://ogsi.sociedadedainformacion.eu/
> [3] 
> http://www.mancomun.org/novas/iniciativas-peme/as-empresas-implantadoras-proponhen-solucions-libres-empresa-2.html
> [4] http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/
> [5] http://wiki.mancomun.org/index.php/Remasterización_da_Ubuntu_no_araOS
> 
> 
> [EMAIL PROTECTED] escrebeu:
> > Boas,
> > 
> > Escrebo pra avisar que en breve liberaremos a versión final do ARAOS para  
> > Ubuntu 8.04. Dúas cousas importantes sobre esta versión e outros temas:
> > 
> > - Estamos traballando xa na 8.10. A idea sería agardar un par de semanas a
> >   que se estabilize a distro (unha vez sexa publicada) e nese tempo facer os
> >   cambios necesarios para adaptar o metapaquete á nova versión, de maneira
> >   que teñamos listo o ARAOS para 8.10 na segunda quincena de novembro. Desa
> >   maneira poderíamos actualizar esas tres adaptacións na primeira quincena 
> > de
> >   decembro (contando con que a 8.10 saia a finais de outubro).
> > 
> > - Esta versión ven de entrar en produción en dúas oficinas da Xunta, 
> >   dependentes da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da
> >   Información, da Consellaría de Innovación e Industria. Trátase da primeira
> >   implantación dunha oficina 100% software libre integrada na Rede
> >   Corporativa da Xunta de Galiza. Conseguimos superar todos os obstáculos
> >   técnicos e administrativos, e por tanto, queda demostrado _na práctica_ 
> >   que é posibel traballar en software libre no entorno da Xunta: agora
> >   tocará seguir a traballar e presionar pra qu