Esta é a miña primeira mensaxe a esta rolda. Noraboa pola iniciativa. En mais dunha ocasión ten ocurrido que se teñen feito traducións dun software á nosa lingua por varias persoas, sen saber unhas das outras, e por tanto, duplicando esforzos inutilmente.
Na CiberIrmandade temos falago algo disto, e pensamos que mancomun podería, entre outras cousas, ser un punto referente de información dos traballos que se están a facer por cada quen, de xeito que se eviten esas duplicacións. Así, cando unha persoa ou organización quere facer unha tradución, podería informar a mancomun, e esta ter un taboleiro no web cos distintos traballos que están en marcha na rede. Evidentemente é cousa do tempo que a xente colla a costume de informar a mancomún e consultar o que está en marcha antes de comezar, pero como digo, é cuestión de tempo coller esa dinámica. Unha vez chegados eiquí, informo que na CIF estamos comezando a tradución da beta de phpBB3. Se sabedes de alguén que o estea a facer tamén, agradeceriamos que informasedes. -- --- Saúde. ...................................................................... Alexandre Prieto. Vigo-Galiza. Ciberirmandade da Fala - A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede http://gz.ciberirmandade.org ou http://www.ciberirmandade.org ......................................................................