Boas,

efectivamente, alguén dos que viven ou traballan en Lugo, ou teñen 
estudado alí coñece algunha aula ou lugar da USC onde poidamos levar a 
cabo o noso encontro? mvillarino propoñía a politécnica ou a biblioteca, 
pero sabe alguén se dispoñen de un espazo axeitado?

Por outra parte, podemos empezar tamén a concretar a data do encontro, 
se vos parece. A idea que se nos ocorreu para encadrar este "Segundo 
encontro de galeguización - g11n" é a festividade do primeiro de 
novembro, dado o número de celebracións con especial tradición na 
cultura popular galega que coinciden nese día(O Samaín, o Magosto...) e 
por buscarlle algunha explicación :-) E antes de que me tiredes pedras 
por privarvos da ponte, seguido lendo por favor  :-)

A nosa proposta é facelo o _30 de outubro pola tarde _ou ben o _Venres 
31 de outubro pola mañá_. En función da vosa dispoñibilidade (traballos, 
estudos...) e as vosas preferencias e posibilidades para logo poder ter 
unha comida/cea de confraternización.

Dado o tempo de que dispoñemos pediríavos unha resposta o máis áxil 
posible.

Saúdos

> Dacordo, dou aviso entón pra mirar de xestionar algo a través da USC no
> campus de Lugo. Se alguén coñece a alguén ou o que sexa que poida facilitar
> as xestións só avisade.
>
> Algún requerimento para o lugar da reunión? Algunha instalación da USC
> especialmente adecuada/interesante? Que falen os de Lugo! :-)
>
> Saúdos,
>
> mvillarino escrebeu:
>   
>> 2008/10/7  <suso.baleato en xunta.es>:
>>     
>>> Boas,
>>>
>>> Como no anterior g11n decidiramos facer o tema en compostela pospoñendo 
>>> Lugo
>>> para a seguinte ocasión, e as datas semellan apuntar á primeira semana de
>>> novembro, pregunto onde poderiamos facelo?
>>>       
>> En atención ás datas suxeridas, eu aconsello realizalo nalgunha das
>> casetas do San Froilán. No "Fonsagrada" fan un cocido interesante,
>> pero non sei como vos explicar onde está (por baixo do que foi local
>> de Alto Minho, xunto ás Fontiñas)
>>
>> Bromas á parte, o ideal sería nalgún local da usc dentro do campus,
>> por iso do aparcamento.
>> A politécnica ou a biblioteca son lugares cos que é difícil perderse.
>>
>>     
>>> Paréceme que era mvillarino quen propoñía Lugo na anterior ocasión,
>>>       
>> Pozí
>>
>>     
>>> a Xunta o custe dunha comida e/ou unha cea por exemplo,
>>>       
>> Vid supra. Eu no da cea non o teño tan claro, seguro que a muller quer
>> ir tamén aló (ás Termas), e ha querer cear e ver unha película no
>> centro comercial... para as copas tampouco podo ser de grande axuda:
>> levo un lustro, sen coñas, sen sair polas noites. Daquela,
>> acostumábamos ir ao Campo Castelo (ao ben folkdido et al.), e pola
>> zona de viños, onde había unhas tapas de agárrate.
>>
>> Nisto hanvos ser de máis utilidade ou Antonio ou D'as Seixas, que este
>> é de Lugo.
>>
>>
>> --
>> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscribe en trasno.net.
>>     
>
>   


-- 
Mar Castro Pereiro                                                      
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre       www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113    <mar.castro @ mancomun.org>



------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081008/19c0cd36/attachment.htm
 

Responderlle a