Ola a todos/as,

 

Parece que comeza a haber vimbios para ir facendo o cesto. Dada esta
profusión de guías de estilo que existen:

 

1. A elaborada por Xusto e Xosé Antón Rubal, que toma como modelo a guía de
Softcatalá e que é o primeiro traballo de sistematización de criterios para
a localización, xunto coa guía elaborada no Proxecto Trasno.

2. A guía do Proxecto Trasno.

3. A elaborada por Reverso a partir destas dúas (1-2) e con achegas e
modificacións a partir dos traballos que realizamos.

4. A elaborada por Iván Méndez. Traballo nada desestimable e que se fixo
baixo o amparo da OSL da UdC.

5. A que achegará Imaxin proximamente á comunidade de mancomún. Se non
entendo mal, achegarase proximamente, non? Se non é así, onde se pode
baixar? Por que en mancomún non se fala dela? Agardamos impacientes ;-).





Ben, dado que temos 5 guías de estilo, non estaría de mais abrir un espazo
no wiki onde se puidese dialogar sobre os diferentes criterios. Intúo que
haberá diferenzas entre as distintas guías, pero non debería ser tan
complicado consensuar uns criterios de referencia para os proxectos de
localización de sóftware libre entre toda a comunidade. En resumo: facer un
remexido de todas e que a comunidade se poida beneficiar de criterios
unificados. Quizais este é o momento, dada a boa predisposición da xente. 

 

Un saúdo

Antón Lado

 

El 12/05/2008, a las 16:10, Antón Lado escribió:

 

 

 

-----Mensaje original-----

De: g11n-bounces en mancomun.org [mailto:g11n-bounces en mancomun.org] En nombre

de Jose Ramom Pichel

Enviado el: luns, 12 de maio de 2008 15:56

Para: g11n en mancomun.org

Asunto: [G11n] [imaxin software] Tecnologia linguistica

 

Olá a todos e todas,

 

Contai connosco para assuntos relacionados com Opentrad, correcção

ortográfica e outras ferramentas de tecnologia linguística multilingue

fundamentalmente para as seguintes línguas (galego, português, inglês,

catalão, euskera, francês, romeno, etc.) e as diferentes combinações.

 

Há um acta da reunião que tivestes o domingo?

 

Um abraço,

José Ramom Pichel

_______________________________________________

G11n mailing list

G11n en mancomun.org

http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

 

 

 

 

------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080512/0e48b19e/attachment.htm
 

Responderlle a