Despois duns días de merecido lecer volvemos ao traballo. Cal é a familia léxica de computar ?
v. computar s. computador/a adx. computado adx. computacional adx. computativo As dúbidas xorden cando se trata de verbos derivados de adxectivos e mesmo verbos deverbativos. computerizar ?, computerizado ? computarizar ?, computarizado ? (analoxía co francés?) computadorizar ?, computadorizado ? Son formas raras, desde logo, pero creo que se pode discutir a utilidade de distinguir entre computacional / computarizado Por exemplo: gráfico dixitalizado/computacional/computarizado/computadorizado/informatizado Na miña opinión, só cómpre distinguir entre os dous primeiros; absteríame totalmente desas formas (computarizar parece "acción de computar" mentres que computadorizar parece "procesar mediante computador"). Se xa temos computacional non necesitamos nada máis que distinguir o valor polo contexto. En realidade creo que se eses últimos se crean por influencia do castelán onde a restrición no uso de "computar" é total, só se pode usar no sentido de "conta" e mesmo no caso de "computación" consíderase esa palabra un americanismo que significa igual que "informática" (!?), nada que ver con computadores. Non sei se me explico... é un caso onde o castelán e o galego teñen que diferir porque para nós a palabra computador non é un "contador". fr. s. computeur (=ordinateur) fr. v. computer (=calculer) pt. s. computador pt. v. computar pt. adx. computacional es. s computador es. v. computar es. v. computarizar es. adx. computacional -- Antón Gómez Méixome .:lingüista:. www.mancomun.org Centro de Referencia e Servizos de Software Libre Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org> ------------ próxima parte ------------ Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano... Nome : meixome.vcf Tipo : text/x-vcard Tamaño : 841 bytes Descrición: non dispoñible Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090803/7bdc774b/attachment.vcf