Boas,

Dende fai unhas horas xa podedes probar unha pre da 3.0.5, a versión que
substituirá a 3.0.4 actual. O único cambio relevante que incorpora é o tema
da busca en Google que comentaba Xosé no último encontro da g11n. Pode
probarse para linux, mac e tamén w$.

ftp://ftp.mozilla.org/pub/firefox/nightly/latest-mozilla1.9.0-l10n/

A verdade é que se trata dunha release moi importante pra min e quixera
compartir isto con vós. Por tres motivos:

- Será, se todo vai ben, a primeira versión en galego nun branch oficial de
  Mozilla, tal como xa sabedes os/as que estades a seguir o tema. Aínda pode
  pasar de todo, pero nunca estivemos tan cerca.

- Esta versión incorpora un parche meu (o de buscar en Google); non é que
  sexa unha maravilla da enxeñería mais iste parche ademais de ser o primeiro
  parche "formal" (formato unificado) que xenero, é o primeiro que me
  incorporan no repositorio dun proxecto de tal envergadura. Mais ise parche
  non é mérito meu só; é o produto da colaboración de moita xente e quero
  resaltar que o importante non é o parche en sí, senón o xeito colaborativo
  como chegamos a detectar o erro e despois amañalo.

- Esta é a release que se comezou a producir xusto cando se cumplian dez anos
  da data da primeira liberación do código de Mozilla, o 31 de marzo de 1998;
  unha data histórica con moitos recordos para os que tivemos a fortuna de
  vivila. Por se alguén quere aprofundar no tema, escribín algo sobre iso non
  fai tanto:

  http://www.anosaterra.org/nova/dez-anos-navegando-en-galego-.html

Aínda quedan unhas semaniñas de traballo e non podo asegurar se finalmente
será esta a primeira versión oficial en galego do navegador da Mozilla; mais
sí teño claro que cando o academos -e teño a certeza de que o acadaremos- 
será o produto dun éxito colectivo do que todos/as vós debedes sentirvos 
partícipes.

Pedirvos finalmente que o probedes e que se detectades algún bug mo fagades
saber a traverso desta rolda, de xeito que poidamos xestionar o traballo no
bugzilla do xeito máis eficaz posibel sen interferir no traballo de toda a
xente que participa neste proxecto.

Graciñas por tanto,
-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>

Responderlle a