Saber que imos poder contar contigo é unha gran noticia! Así que grazas
Javier polo teu ofrecemento; bueno, grazas por eso pero sobre todo grazas
polo kurro que lle meteches a esto durante estes anos, co OpenOffice pero
tamén con outras cousas e últimamente con Mozilla, e moitas veces en
circunstancias pouco favorábeis -que eu non sempre souben favorecer.. buf!
Así que vaia por diante o meu respeito e sobre todo o meu agradecemento.

Se che parece, mentras nos vas mandando as túas instrucións do OpenOffice, 
vou mandando eu as que fun recopilando para Mozilla; desta maneira todos 
teremos máis claro o traballo involucrado e poderemos distribuir tarefas de
xeito que a todos se nos faga un pouco máis levadeiro e poidamos desfrutalo
tamén. Non son todo o exhaustivas que eu quixera e son funcionais para a rama
anterior, seguramente tamén para actual sen moitos cambios. 

E vexo que Antón tamén se anima, realmente son estupendas noticias!!! :)

Esto cada vez ten mellor pinta!! 


Frco. Javier Rial escrebeu:
> Ola a todos e especialmente de novo a Suso:
> 
> 
>  Como coordinador anterior do OpenOffice.org ao galego, so quería dicirche
> que
> 
> adiante coa coordinación do OpenOffice.org, e vamos, que se queres/queredes
> 
> seguir contando comigo para axudar nalgo ou si credes que se necesita que
> faga
> 
> algo, non tes/tendes máis que pedirmo. Eu, na medida en que me sexa posible,
> 
> 
> tratarei de axudar.
> 
> 
>  Poño no teu coñecemento, por se non estabas ao tanto (rexístrate nas roldas
> 
> 
> correspondentes, que no seu día che indiquei please, xa sei que entre todos
> os
> 
> proxectos é moito correo; pero é moi necesario).. que:
> 
> 
>  -A seguinte versión do OpenOffice.org sairá sobre o 14 de decembro,
> aprox...
> 
> -A data límite para entregar a tradución é o 30 de Outubro.
> 
> -Haberá unha segunda data de entrega de correccións de erros da tradución
> 
> sobre o 19 de novembro.
> 
> 
>  http://wiki.services.openoffice.org/wiki/OOoRelease32
> 
> 
>  -Para entregala, como che indiquei, hai que engadir unha issue..
> 
> 
> Déixoche a seguinte ligazón coa última issue que enviamos para que a tomes
> 
> como exemplo.
> 
> 
> http://qa.openoffice.org/issues/show_bug.cgi?id=98565
> 
> 
>  Por favor, cando engadas a próxima issue, ponme/ponnos en copia a todos, ou
> 
> 
> mándame un email para si xurde algún problema poder botar unha man.
> 
> 
>  -A tradución estaa completando Antón (~meixome).
> 
> 
>  Antón ten expresado anteriormente o seu desexo
> 
> de continuar traballando na tradución do OpenOffice.org, polo que conta con
> nós.
> 
> 
>  -Tes os permisos de "Project Owner" na web de gl.openoffice.org, polo que
> podes
> 
> xestionar a páxina sempre e cando teñas enviada a SUN e correctamente
> 
> instalada a túa chave SSH.
> 
> 
>  En breve, mandarei instruccións máis precisas de como estaba eu levando a
> cabo o traballo de localización do OOo.
> 
> Saúdos.
> 
> -- 
> 
> Fco. Javier Rial

> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a