> > Os skirmishers son unha unidade da equipa "Dragón", funcionalmente
> > suponse que é un "explorador" (scout), semellante aos cabalos elfos,
> > xinetes de lobo dos Trolls, ou cabalos humanos (os de 17, non os de
> > 23).
>
> Como mínimo é recomendable ter un mínimo de consistencia nos nomes,
> que se parezan algo ó que en realidade son.
>
> No meu diccionario de galego aparece fustrigador, pero non sei se esa
> será unha palabra axeitada.
>
> > Lagarto pode ser unha tradución, pero tamén hai lagartos chamán... má
> sorte.
>
> Lagarto tíñallo pensado para unhas unidades que teñen "saurian" no
> nome e que son coma lagartos a dúas patas.
>

Os skinmisher son unha unidade saurian.

Skirmisher pode que sexa unha unidade saurian, pero tamén é unha
habilidade ou algo así. Ademais hai máis unidades que son skirmisher.

> Vou poñer aquí algunhas dúbidas máis:
>
> hit points->puntos de vida lle chamábamos en Cthulthu, Aquelarre, LOTR, 
Rolemaster, e no de Elrik de melnibone, non recordo no Mascarada (e iso que eu era o 
director de partida, avergóñome)

Supoño que será boa idea usar esa nomenclatura. É o que se usa
normalmente nestes casos.

> axe->hacha?
Vouche partir as pelotas. Eu que son galego-mindoniense poría "Brosa",
ti, sureño, Machada.

E logo ti eres do norte??  Foi un lapsus mental. Síntoo.

> lich??
Unha personaxe mago non morto de nível 4.

Esa tradución non me vale, estou lendo o señor dos aneis outra vez, a
ver se atopo léxico que me valla para a tradución.

> drains->quitar vida pero nunha palabra
Drena, suga (a vida, a saúde)

Si, pode valer.

> staff->bastón??
O que levan os pelegríns cunha cabaza. Un caxato pero en fino.

Usarei bastón, que non meu diccionario indica que bastón ten un
significado de poder, e caxato non.

> skirmisher-> hostigador, pero en galego???? é que non me ven no diccionario
Outra unidade (cutre de carallo)

Pode, pero non o iremos traducir así.

> backstab->puñalada ??? aqui falta algo

Ó final puxenlle puñalada por atrás, porque non sei se en galego
existe o de puñalada trapeira.

> bowman->arqueiro?
Si
> longbowman->???
Arqueiro de arco longo. Vale, é unha merda, pero o arco longo era
capaz de atravesar as armaduras medievais, e a súa chegada supuxo unha
revolución (e a fin da cabaleiría como era coñecida até entón)

Vale.

> cavalier, cavalryman, knight, dragoon, horseman
cabaleiría lixeira, xinete,  cabaleiro, dragón (unha unidade militar),
garda montada

Perfecto

> crossbow->a arma de guillermo Tell??
Unha bésta.

Grazas.

> trapper->trampeiro??
Algo así

ok

> cuttle fish->parece un kraken ou algo asi???

Archaeoteutis, monstro mariño

correcto

> dark adept??
Bruxo

sempre e cando non sexa mais recomendable traducir outra unidade con
este nome, usareino para dark adept

> necromancer->nigromante?
si

moi ben

> hatchet->mirar o debuxo da arma en dwarvish lord???
que é iso?

polo que vin no debuxo é algo así coma unha machada cunha especie de
pico na punta. Lémbraste da machadas dos paleoliticos, que eran un pao
cunha pedra con punta? pois algo semellante. senon me entendes: mirar
o debuxo da arma en dwarvish lord

> thunderstick??
> elvish shyde?
> ensnare?
> thorns?
> ranger-> gardabosques???
> marksman->algo de acompasado??
"Marca" é unha fronteira, un linde, dá igual que sexa entre terreos de
patacas ou entre países. En fantasía épica, adoitase chamar "marca" a
unha terra fronteiriza dun reino, pero dunha fronteira sen grande
interese estratéxico, simplesmente problemática, submetida a luitas
constantes, e na cal o rei case nen pide que lle paguen os tributos.

fronteirizo logo.

> avenger->vingador??
Cona!, pero aínda non chegache nengún arqueiro elfo a nível 3 ?

Chegar cheguei, pero é que as unidades elfas sonche todas moi
semellantes e haberá que diferencialas. Non sei que lle poñer.

> elvish champion->defensor ou campión??

Idem, pero cos soldados.

non me aclaras moito. tereille que botar mais imaxinacion

> outrider?? rider é xinete
Penso que é un ladron en nível 2, non estou certo.

Pois se mal non lembro era unha unidade elfa, creo

> shyde?? igual podería ser fada
Non, iso é fairy.

xa o sei, pero paréceselle moito. no meu diccionario non ven.

> revenant??
> bone shooter-> tirador de ósos??
Si, un non morto de nível 2 (creo)

exacto

> wail?? o berro das harpías ten un nome concreto??
> footpad??
Se non me equivoco moito, un bandido dos que asalta camiños.

si, pero bandido xa está collido. Se foramos quen de traducir footpad
como deus manda non teriamos que usar asaltador.

> ghoul??
> necrophage->necrófago??
> goblin->trasno?? estou case seguro disto...
> foe-> inimigo???
> mermen->sereas, sirénidos ou algo polo estilo??
Sirénido en nível 2.

teremos que botar man da imaxinación.

> naga???
> cleaver-> a ferramenta ca que os carniceiros cortan a carne??
> grunt??
> slayer->matador?? asasino xa está collido
Si, para "asasino" é o nível 3 dos ladróns. Navalleiro?

terei que conseguir un diccionario de sinonimos tamen. Pero ando pobre.

> greatsword->espada grande, espadón???
Espadón era, iirc, esa espada de máis dun metro dos cabaleiros
medievais. POde ser.

pode

> pike->pica?
> pikeman->piqueiro??
Non sei se haberá un termo específico para os exércitos españois que
levaban picas.

pois eu tampouco, pero botandolle algo de imaxinacion...

> serpent->serpente??
> morning star?? a arma esta que leva unha bóla con pinchos colgada dunha
> cadea
> soulless->inanimado??? a non ser que haxa unha palabra para dicir que
> non ten alma
> swordsman??
> troll whelp??
> troll rocklobber??
Troll lanzapedras

perfecto

> baneblade?? debúxana coma unha espada de luz ó máis puro estilo star wars :)
> wraith??
> chasm->sima??
> however->sen embargo, non obstante, nembargantes, en troques, ainda
> asi...???
"nembargantes" foi desautorizado (pola ralg), engadiuse "porén".

pois isto vai logo para o glosario, que creo que é útil

> plow??
> rockbound cave-> cova ...??con estalactitas, etc...
> worth??
beneficio, valor (termo económico)

teño que localizar a frase enteira e poñela aqui.

> liege??
>

Responderlle a