Benvida Alba!

En 25/08/2013 13:37, Alba G. Fuentes escribiu:
Ola!

Son Alba González Fuentes, ourensana residente en Barcelona, licenciada en Tradución e Interpretación este mesmo ano, ademais de violinista.

Levo un ano longo colaborando con Mozilla, realizando a localización ao español de varios proxectos como boletíns mensuais (Firefox y tú), páxinas web (SUMO, MDN), blogs (La Guarida) e publicacións en redes sociais. Destes dous últimos proxectos son, ademais, coordinadora.

Gustaríame axudar á localización ao galego de todo o software posible, porque son a primeira que desexa ter os seus programas en galego e, ademais, creo que o software libre é unha das grandes cousas destes últimos tempos, algo que fai que a internet gañe moito en igualdade.

Que me gustaría localizar? Calquera cousa. Todo me gusta, todo me chama. Son amante dos videoxogos e de todo o referido á informática, así que estou disposta a intentalo co que me boten.


Grazas a todos!

--
A.


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a