Se se me permite intervir, tal  vez seria interesante poñer no ordenador que 
administra a lista trasno, un filtro tal coma spamassassin, de maneira que as 
mensaxes que den positivo como spam, no se envien os suscritos (nas listas de 
xfree86.org fano e funciona moi ben)



El Miércoles, 28 de Mayo de 2003 13:17, Jacobo Tarrio escribió:
> O Mércores, 28 de Maio de 2003 ás 12:59:33 +0200, Alberto Garcia escribía:
> >     A lista trasno / gpul-traduccion (¿son diferentes? ¿por qué?)
> > non fai máis que recibir spam todoso os días. ¿Non se pode controlar
> > iso? ¿Por qué nas outras listas non acontece o mesmo?
>
>  É por culpa dun grupo de spammers rusos que, dende hai algo máis dun mes,
> "apropiáronse" dos dominios trasno.net e gpul.org para envia-la súa merda.
> É dicir, envían os seus spams poñendo no From: enderezos @trasno.net e
> @gpul.org.
>
>  É moi complicado localizalos, porque non empregan "relays" abertos para
> envia-la súa merda, senon "proxies" abertos, nos que non se rexistra o
> enderezo IP do spammer.
>
>  Cando teño un pouco tempo trato de investigar un pouco; xa enviei unhas
> poucas mensaxes, e conseguín que lles chimparan dous sitios web, pero aínda
> non cheguei ata o fondo do asunto.
>
>  Sei que o spam que chega á lista é molesto, pero é ben pouco o que podo
> facer; a min chéganme, ademáis destes spams, as mensaxes de "usuario non
> atopado" de spams enviados con trasno.net, e á directiva de GPUL chéganlle
> as enviadas con gpul.org.

Attachment: pgpnlyFKReecA.pgp
Description: signature

  • Spam Alberto Garcia
    • Re: Spam Jacobo Tarrio
      • Re: Spam Alberto Garcia
      • Re: Spam Alejandro Lorenzo
    • SPAM Guarddon García, Carlos

Responderlle a