En xeral estou a traducir software alleo aos ambientes de escritorio (principalmente videoxogos, e traducirei software específico de Arch Linux agora que me mudei), pero posto que en verán vou ter tempo libre...
O caso é que en verán me gustaría axudar na tradución de KDE (e se non repito curso, tamén seguirei bastante activo despois). Hai algunha tarefa aburrida que pretendiades deixar para o verán? Documentación? Apúntome! :) Espero que como introdución valga. KDE4 rlz!