E algo como:
distancia horizontal -> largura columna


En 17/07/2012 22:32, Antón Méixome escribiu:
No contexto do deseño de etiquetas e tarxetas de visita de LibreOffice
cambiei a solución actual "distancia" porque nin cabe nin se entende o
significado (os outros idiomas manteñen "distancia")

Traducino por "caixa" en analoxía co que se utiliza na composición de
páxina de imprenta. É un concepto parecido ao que en deseño gráfico
sería o lenzo de traballo. En tipografía, letras, chámase "corpo" e a
min pitch lévame a "piche", mancha...

Non acaba de ser perfecta a solución porque a caixa ou mancha é un
rectángulo xa de por si pero teño que distinguir

caixa horizontal --- x cm
caixa vertical --- x cm

(sería logo como dicir sinteticamente : "tamaño horizontal da caixa")

largura
altura

(estes son as dimensións da propia etiqueta ou tarxeta)

marxe esquerda
marxe dereita

(son marxes da etiqueta, respecto da caixa)

Columnas
Filas

Largura da páxina
Altura da páxina

(aparécenme en inglés na versión 3.5.5.3. Podedes confirmalo na
versión que utilicedes?)

Anexo captura de pantalla para que se entenda mellor



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a