Re: pack e package

2008-10-24 Conversa Miguel Bouzada
Eu concordo con esta última proposta xa que paca ten, ó meu entender, un uso moi concreto xa que podería asimilarse ó castelan bala. No agro distinguese feixe de paca sendo o primeiro (dito en román palatino) o de un «grupo solidario de cousas» e o segundo o de «paquete compactado, ou compacto».

pack e package

2008-10-19 Conversa Antón Méixome
Proposta: Service pack paca de actualizacións Dependence package dependencias de paquete Comento o tema, porque ten a súa complexidade. Leandro Regueiro apuntaba moi ben no sentido de que pode ser útil diferenciar entre pack e package. Ou cando menos ter alternativas. Ambos termos

Re: pack e package

2008-10-19 Conversa Adrián Chaves Fernández
Eu deixaría paquete para ambos os dous termos, pack e package, pero se hai que elixir unha alternativa, eu opto por pack=feixe, que deixa claro o matiz inglés de plural (pack=feixe de paquetes).