2011/4/9 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>: > Despois de formularlle unha dúbida ao noso insigne (é oficial :-D) lingüista > fixo unha das súas "aclaratorias" que creo que é preciso compartir. > > A miña pregunta: > *Bótalle un ollo a isto... son as tradus de LibreOffice para a interface > Unity > teño a dúbida na última... puxen cousas como: > Base de datos nova, teño para min que quedaría mellor Nova Base de > datos, mais teño a dúbida dese B de base, maiúsculo ou minúsculo ? > * > > É algo que me veño preguntando ultimamente > > Por que soa peor ler nos menús dun aplicativo "Ficheiro novo" e soa mellor > "Novo ficheiro". > > En principio vai contra o sentido normal da lingua... pero creo que a clave > é que non son o mesmo. Preferir "ficheiro novo" é unha recomendación de > estilo moi antiga, que xeralmente se pode aceptar como a forma máis natural, > menos marcada, pero nestes casos creo que non. Entramos noutro terreo. Por > un lado temos o estilo sintético, nominativo, case telegráfico que nos fai > prescindir do verbo correspondente. > > (Crear/Abrir un) Novo ficheiro <<<isto non é unha descrición senón unha > orde>> > > Isto quere dicir que é "outro máis", que se vai incorporar algo do mesmo > tipo pero unha novidade > > Este é un ficheiro novo <<isto é unha descrición>> > > Isto quere dicir que o ficheiro é recente, actual, que ten pouco tempo. Así > que "abrir un ficheiro novo" quere dicir que os vellos non os buscamos para > abrir. Non é iso o que queremos expresar. > > En resumo que son dous valores sutilmente diferentes do adxetivo "novo" > xunto co feito de encontrarse en frases de distinta intención (imperativa > --facer-- /afirmativa --ser--). Por aí tería sentido que aos nosos oídos o > valor de executar unha acción, que engade ou incorpora algo sería > "novo+alcalde" que é moi distinto de ser "alcalde+novo". Non é mesmo dicir > "está facendo unha nova actividade" (como continuación dunha serie) que > "está facendo unha actividade nova" (non vista ata agora). O complicado é > que os falantes xogamos coa énfase e o "peso" expresivo pero creo que se > entende. > > O que me facía desconfiar é o feito de que o castelán preferise esta mesma > colocación. Como o castelán é unha lingua dominante que interfire na nosa > sintaxe de modo grave... pois iso, pero despois de ver que os brasileiros > fan exactamente a mesma construción xa me convenzo que non se trata dunha > perversión moderna é que é o adecuado para nós. Facer o contrario sería caer > no outro extremo, a "hipercorrección". > > > Noutro correo engade... > > -- > /\ Dia da liberdade dos documentos - Libera os teus documentos > _\/` http://documentfreedom.org/ - 30 de marzo de 2011 > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl >
Gustaríame engadir que, á hora de traducir menús, tamén hai que ter en conta a ergonomía. Hai estudos que amosan que é moito máis rápido e sinxelo, para un usuario, atopa-la entrada de menú que busca cando todas son rapidamente diferenciables pola primeira letra (e mellor aínda se a letra de acceso rápido coincide con esta). Certo é que falamos de moi pouca ganancia: de media décima de segundo a un ou dous segundos, pero ao longo do día (de 8 a 10 horas de traballo, poñamos) supoñen unha boa diferencia -non tanto en tempo, coma en fatiga ocular e mental- [Sinto non poñer un enlace a algún deses estudos, pero agora mesmo non son quen de atopalos :-/ ]. Así que, neste caso concreto, ademais de polas razóns aportadas, a ergonomía tamén apoia que se use "_N_ovo Ficheiro" no lugar de "Ficheiro _N_ovo". Román -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl