2010/8/25 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>: > Ola rapaces, > > xa que estamos a 2 meses de que saia a nova versión de Ubuntu coido que > hai que sentar as bases de como imos comprobar as betas de Ubuntu > Maverick e sucesivas versións > > Estiven estudando as formas de facelo e logo lembrei algún scriptinho > que teño por aí que pódenos axudar nestas tarefas de informe de erros. > Polo que aquí vai a miña proposta de procedemento de remisión de erros. > > Remisión de erros ao Galician Ubuntu Translators. > ''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''''' > > 0.- Actualización do sistema > Xa que son betas pode ser que non teñamos a última versión do sistema > instalada polo que procederemos a actualizalo desde unha terminal: > sudo aptitude update; sudo aptitude upgrade; sudo aptitude dist-upgrade > > 1.- Detección do erro e recolleita de información > Unha vez detectado o Erro ou cadea sen traducir no Ubuntu comezaremos a > busca de información do mesmo, isto é, saber en que paquetes está o > erro, contexto do mesmo e demais. > > 1.1.- Paquete(s) afectados polo erro > A forma máis sinxela de comprobar onde está un erro é empregando o meu > programa «lase». Este programa busca no sistema cadeas orixinais e > traducidas e abre a páxina de launchpad correspondente para dito > paquete. > Para a súa instalación procederemos como segue desde unha Terminal > (Aplicativos->Accesorios->Terminal): > > sudo add-apt-repository ppa:frandieguez/mabishu > sudo aptitude update; sudo aptitude install lase > > Unha vez instalado podemos usalo da seguinte forma (desde unha > terminal): > > lase "Cadea con erro ou non está traducida" > > Isto abriranos o noso navegador favorito coa busca do erro en Laucnhpad. > > 1.2- Información do sistema. > Cómpre recoller información como: > - hora do sistema: orde «date» > - versión do sistema: orde «lsb_release -a» > > 2.- Informar do erro ao Grupo de localización > Enviar un correo electrónico a esta rolda de distribución > (ubuntu-gl-l...@ubuntu.com) seguindo un modelo semellante ao seguinte: > > ---------------------------------------------------------------------- > Asunto: [L10N-BUG] Erro de tradución no paquete «nome do paquete» > Corpo da mensaxe: > Encontrei un erro na versión de Ubuntu > PEGAR AQUÍ O QUE NOS ESCRIBA A ORDE «lsb_release -d» > neste intre son as > PEGAR AQUÍ O QUE NOS ESCRIBA A ORDE «date» > segundo podedes ver na seguinte ligazón de launchpad. > PEGAR AQUÍ TODAS AS LIGAZÓNS ABERTAS EN FIREFOX POLA ORDE «lase» > [...] > > ENGADE AQUÍ UNHA DESCRICIÓN DO ERRO PARA QUE TODOS O POIDAN ENTENDER, > NON É NECESARIA SE É UN ERRO MOI EVIDENTE. > > Saúdos > ---------------------------------------------------------------------- > > > E con isto coido que todos poderemos corrixir mellor os erros de > localización sen ter que recurrir a apertura de bugs en launchpad. > > Por suposto este procedemento está suxeito a modificacións e melloras. > Por favor, enviade suxestións a esta rolda e se procede podemos marcalo > como un procedemento estándar dentro do grupo e escribilo na wiki do > grupo. > > Saúdos a t...@s
Ola, estou revisando mensaxes que se me pasaron de ler no seu momento. Para min resulta evidente que como este procedemento ou serie de pasos non estea pendurado nunha web (ou wiki) heime esquecer del aos dez minutos de ler a mensaxe, e despois hame custar volvelo atopar. Por favor que alguén o poña na wiki do equipo de localización ao galego de Ubuntu se aínda non se fixo. Perdón por responder a mensaxes tanto tempo despois. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl