Ola Alejo,

Antes de nada quero pedir un pouco de cordura. Estiven revisando por
enriba as traducións de Darío e é certo que cambiou cadeas dunha forma
bastante aleatoria e tamén os nomes dos desenvolvedores polo seu.
Coincido con que son modificacións graves, pero antes de usar palabras
tan fortes como "denuncia", deberíamoslle dar a oportunidade de
explicarse e de corrixir esas modificacións.

Darío: agardo a túa resposta.

Un saúdo.
    Felipe.



Alejo Pacín Jul wrote:
> Boas. Hoxe pola mañá, José Millán notificoume e amosoume un feito
> bastante grave nas traducións do Launchpad de Ubuntu.
>
> Polo que parece, o tradutor "Darío Villar" anda a facer o parvo
> traducindo/revisando certas cadeas do proxecto. Máis concretamente,
> coas referentes ós nomes dos desenvolvedores/tradutores das
> aplicacións. No fío seguinte podedes albiscar algún destes casos.
>
> https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/kdebase/+pots/konqueror/gl/+translate?field.alternative_language=&field.alternative_language-empty-marker=1&show=changed_in_launchpad&start=30
> <https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/kdebase/+pots/konqueror/gl/+translate?field.alternative_language=&field.alternative_language-empty-marker=1&show=changed_in_launchpad&start=30>
>
> Xa na terceira cadea que aparece, se ve traducido "Harry Porten" coma
> "Harry Potter", coma revisión dunha tradución feita anteriormente por
> Marce. Resumindo, que se adica a desfacer o que a outros lles custou o
> seu traballo.
>
> Se alguén quere ver o exemplo en acción, con abrir o seu Konqueror
> (versión do KDE 4.2) poderá ver dita tradución entre os autores.
>
> Polo menos a min, non me ten ningunha gracia o "chiste". Se atendemos
> ás licencias do proxecto, por modificar o mesmo e non citar o autor
> (que é o que está a facer mudándoo por outro), pódelles caer unha
> denuncia a tódolos responsables do proxecto. Así que, se algún dos
> aquí presentes ten potestade para quitarlle os permisos sobre o
> servidor de traduccións e guindalo do proxecto, ten o meu apoio
> incondicional. Aínda penso que merecía algo máis ca iso, pero nin este
> é lugar para dicilo, nin eu quen para facelo.
>
> Agardo que solucionedes o asunto coa máxima celeridade. Canto antes se
> faga, menos danos poderá causar.
>
> Un saúdo,
>
>                Alejo.


-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a