2009/4/8 damufo <dam...@gmail.com>:
>
>
> Miguel Bouzada escribiu:
>> Estiven a ver esa tradución e atopo algunhas cousas estrañas
>>
>> Pode activa-la súa conexión premendo neste icono.
>> Conforme a normativa 2003 non se emprega a separación con guión (é un erro
>> recurrente) e icona é feminino
>>  Pode activala súa conexión premendo nesta icona.
>>
>> Rede cableada
>> Rede inalámbrica
>> Conviuse en empregar Rede [con] fíos - Rede sen fíos
>>
>> Privilexios insuficientes ou error descoñecido ó recuperar os segredos da
>> conexión do sistema.
>> Debe ser:
>> Privilexios insuficientes ou *erro* descoñecido *ao* recuperar os segredos
>> da conexión do sistema.
>> Tense por convención no usar as contraccións
>>
>> Tipo de conexión de banda ancha móbil non soportado.
>>  O de soportado (é teima miña) queda bastante mal, xa que parece que non hai
>> dios que o aguante, xa que ó que se refire ... prefiro "non compatible",
>> "non permitido, "non aceptado" (hai unha discusión sobre o tema na lista de
>> tradutores de ubuntu-es
>>
>> Non se puido carga-la interface de usuario para seguridade WiFi; falta
>> *o*parámetro WiFi.
>>
>> Non se puido carga-la interface de usuario para *a* seguridade WiFi.
>>
>> A petición de autorización PolicyKit foi inválida.
>> Citaba Jacobo Tarrio na lista de trasno:
>> Un "comando inválido" é un grupo de soldados ou policíasdiscapacitados de
>> élite :D
>> A petición de autorización PolicyKit *non é válida*.
>>
>> Non se puido engadir a conexión debido a un erro descoñecido
>> Non se puido *engadila* conexión debido a un erro descoñecido
> isto no sería mellor:
> Non foi posíbel engadir a conexión por mor dun erro descoñecido.
> Refírome a "Non foi posíbel engadir a conexión"
> o de "por mor..." é outra opción
> o de posíbel ou posible tamén é opción
> o que non entendo é o de "engadila" ese "la" non me cadra.
>

  Boas,

  Esas son as dúas formas admitidas de escribir un artigo despois dun
verbo en infinitivo (ou doutros tempos verbais, coma por exemplo os
rematados en s): "engadir a conexión" ou "engadi-la conexión". Segundo
teño entendido, a normativa do 2003 recomenda a versión non enlazada,
pero igual estou trabucado e agora, directamente, xa non está
permitida (o que me parecería fatal, xa que invalida a gramática dunha
gran parte da literatura galega dende os séculos escuros ata hoxe,
ademais de converter en analfabeta funcional á xeración que debería
se-lo maior baluarte da normalización do Galego). Outra cousa é que
haxa un pronome: "hay unha conexión e quero engadiLA... busqueiNA pero
non A atopei".

  Eu, por como pronuncio de forma "natural", prefiro "posible" en
lugar de "posíbel", "engadi-la conexión" e non "engadir a conexión",
"ó" en lugar de "ao", e se me forzas, "pra" (que non é normativo) en
lugar de "para". Pero á hora de traducir entendo que debemos
adherirnos a un estándar, especialmente se este coincide coas formas
recomendadas na última normativa.

  (Por certo, supoño que algún día debería escribi-la miña mensaxe de
presentación :-$)

  Un saúdo,

-- 
           Román

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a