Ola a todos,

Que saibades que eu rematei o COU no 97. Sobre o guión... era normativo
antes do 2003, tereino en conta en futuras traducións. Tamén as convencións
(¿onde podo ve-las?).

Sobre as correccións en concreto, recoñezo que nunha das frases puxen
"error" (en tódalas demais puxen "erro"); tamén puxen icono, pero enseguida
engadín outra suxerencia corrixida, e tamén é certo que esquecín poñer "a"
diante de seguridade.


Non comprendo por que corrixes "non se puido engadir a conexión "por Non se
puido *engadila*...". Se é nunha frase negativa, ¿non é correcto?

Unha vez dito isto, podo aceptar correccións que non sexan normativas hoxe
ou sobre as que haxa convenio pero sobre as preferencias persoais de cada
quen... (p.ex. "posíbel"...)

Mirade, xa traducín unhas 70 frases. Decídeme se queredes que continúe no
proxecto ou dedique os esforzos a outros proxectos da comunidade Ubuntu onde
poida ser máis útil.


Moitas gracias e un saúdo.


PD: ¿Non se pode por a lista na codificación correcta para que non se
cambien os acentos e eñes por signos de interrogación?
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a