Ola,

De acordo, apúntome a esta tradución. Propón ti un rango de liñas xa
que comezaches e sabes por onde vas e xa me poño.

Unha cuestión engadida. No curso pasáronos as memorias de tradución de
Gnome, Open Office, Firefox, etc pero non as gardei. Pódense baixar de
algún sitio?

Grazas.

2009/5/11 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> 2009/5/11 Xosé Antonio Rubal López <xaru...@gmail.com>
>
>> Ola,
>>
>> Preséntome á lista: son Xosé Antonio Rubal, subscribinme no curso de
>> localización que se impartiu estes días na USC así que son un dos 24
>> candidatos baixo suspeita ;-)
>>
>> Estiven traducindo algún arquivo (o welcome do paquete
>> ubuntu-installation) e quería seguir facendo algunha contribuión. Non
>> sei se no grupo tedes algunha prioridade á hora de escoller os
>> paquetes nos que centrar esforzos ou se queredes que axude con algunha
>> tradución en particular.
>>
>> Se alguén quere que lle bote unha man nalgún paquete en concreto estou
>> disposto a axudar, senón escollerei algún do meu gusto.
>
>
> Non sei que animos terás, eu comececei a traducion de :
> https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/app-install-data-ubuntu/+pots/app-install-data/gl/+translate?start=50
>
> Que é o "Engadir/Quitar" do menú. son "só" :-) 4000 liñas...
>
> A verdade é que vou lento, xa que son liñas compelxas, pois a maioría son
> definicións de aplicacións e iso, as veces, non é doado, ademáis empreganse
> moitas palabras "en discordia".
>
> Engadido a iso circunstancias personais... pero creo que é algo que "urxe"
> (ou así mo parece) traducir
>
> Se te animas, marca unha posición (liña) para comezar e falamos por aquí
> calquera dúbida ou consulta a glosarios. Digo de marcar unha posición para
> non estar a traballar un a cabalo de outro.
>
> MB
>
>>
>>
>> --
>> Saúdos,
>>
>> Xosé Antonio Rubal.
>>
>> --
>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>
>
>
>
> --
> "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
> .ppt, .pptx
>
> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
> galpon_min...@conf.jabberes.org
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Saúdos,

Xosé Antonio Rubal.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a