Bos días, Aproveitando o pequeno tirón de orellas de Fran, gustaríame propoñer algo ao que lle levo dando voltas ultimamente: a creación dun "consello" do grupo de tradución (seguindo o estilo dos "Councils" de Ubuntu [1]). Ultimamente o traballo está absorbendo practicamente todo o meu tempo, o que reduciu ao mínimo a miña actividade tradutora. Temo que isto siga sendo así polo menos durante os próximos dez meses.
Creo que catro persoas ben coordinadas, poden facer que mellore a calidade da tradución e que aumente a actividade do grupo. Seguindo o modelo de [1], os pasos son: 1. A presentación de candidaturas para o consello (un pódese propoñer a si mesmo ou a outra persoa). 1. Sería recomendable que os/as candidatos/as indiquen na súa wiki persoal as actividades que realizaron recentemente, e tamén cales son as súas propostas (de actividades, de cambios no modo de traballo do equipo, etc.) 2. A creación da lista de candidaturas. 3. A celebración da votación (podería ser directamente aquí, na lista de correo, ou en Launchpad). Agardo as vosas opinións. Un saúdo! Felipe. [1] https://wiki.ubuntu.com/CommunityCouncil/Delegation -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl