Non, a RAG non dixo nin mú no dicionario normativo nisto en concreto pero o DOG utiliza mensaxaría xa desde o 2004
"Resolución do 27 de maio de 2004 pola que se fai pública a adxudicación do procedemento negociado sen publicidade para a contratación de servizo de mensaxaría local, rexional e nacional." É dicir, cando a RAG se pronuncie vai ter que asumir o uso oficial (o DOG é uso formal e oficial) que xa leva os seus anos funcionando. Como moito creo que se dará opción a empregar ambas formas, e xa postos creo que é razoabelmente mellor consolidar a forma "regular" -aría e evitar que a normativa teña casos excepcionais (aínda que en filoloxía "pura" optaríase por deixar só mensaxería). A norma da lingua ten moitos factores, é así de complexo en calquera idioma de cultura. 2009/10/2 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: >> Vaia, pois sinto contradicir. Non é un erro senón a aplicación regular >> das regras do 2003. Preferencia pola terminación -aría (fronte a >> -ería): libraría, consellaría, etc. >> >> No fondo, a cuestión é que facemos un calco lingüístico do castelán. A >> palabra non ten fixación normativa aínda nin con -ería, nin con -aría. >> A solución de "messaging" varía segundo cada lingua. >> >> Eu busquei documentar desde o punto de vista normativo e atopei que no >> DOG case sempre se emprega "mensaxaría" (electrónica ou non) . >> >> Mais cabe considerar que mensaxe (provenzal /messatge/) pola súa orixe >> é unha palabra que debería facer o substantivo abstracto como -ería, >> xa que sería de aplicación a regra da analoxía (coma nos casos de >> batería, galería, mercería, bixutería, coquetería, galantería ... ) >> que non teñen posibilidade de formas en -aría. De todas maneiras o >> caso de "mensaxería/aría" podería ser considerado como palabra >> recreada, como neoloxismo seguindo o patrón de "carpintaría", >> "libraría", etc. E unha maneira de disimular a realidade de que >> obviamente procede da influencia do castelán "mensajería", que no caso >> de admitirse levaríanos necesariamente a mensaxería. >> >> É unha palabra moi nova ao punto de que en portugués non se emprega >> (prefire "mensageiro vivo" ou "instantáneo") e en castelán nin >> sequera está recollido este uso no dicionario oficial por moi >> "estandarizada" que xa está a tradución "mensajería instantánea". A >> opción da maioría das linguas románicas é esquivar a creación do termo >> abstracto... >> >> En resumo, que hai razóns para ambas solucións, ora ben o uso máis >> "formal" tende a ser analóxico coas demais formas en -aría. > > Isto é un cambio que non me gusta, pero se a RAG di que é así, > terémolo que poñer así. > > Ata logo, > Leandro Regueiro > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl