>>>>> Se mal non lembro xa se discutirá a tradución de "show" que tiña dúas >>>>> posibilidades: "mostrar" e "amosar" as dúas totalmente correctas. De >>>>> feito é un caso semellante ao de "window", pero a diferencia destoutro >>>>> caso decidirase primar "mostrar" en vez de "amosar"... a ver se atopo >>>>> dita mensaxe. >>>> >>>> O importante non é tanto un termo como o outro (alomenos no que atinxe a >>>> este fío), o que é importante é empregar "*sempre o mesmo*" dentro "*dun >>>> mesmo*" aplicativo. Xa que o paso dun tradutor tras outro fai que cada >>>> un "incorpore" un novo termo. Por iso "suxiro" que antes de meterse a >>>> completar unha tradución a analicemos para poder respetar o estilo e non >>>> incorporar un novo estilo :) >>> >>> É importante se queremos reaproveitar as traducións dun proxecto para >>> traducir mellor e máis rápido outro diferente. >> >> Se cadra non era mala idea facer un documento, por cada aplicativo, >> onde se describa que estilo se empregará no mesmo. Para iso habería >> que aclarar cales son os aspectos a constatar no mesmo (ante todo, >> terminoloxía, e cantas palabras dentro deste apartado deben ser >> definidas -fiestra/xanela, amosar/mostrar, computadora/máquina/host/, >> ...-, pero tamén gramática, por exemplo, co estilo preferido para as >> perífrases verbais e a colocación do pronome, o estilo dos artigos >> -ligados ou desligados, en contracción coma "ó" ou coma "ao", ...-), >> tendo en conta, tamén, que xa hai unha regras de estilo, acordadas de >> antemán, para todas as traducións. Ou igual estou sendo demasiado >> esaxerado, porque moito definir pode ser patolóxico (por dicir algo, >> podería ser mellor deixar liberdade na colocación do pronome, xa que >> non supón ningún problema real). > > En Ubuntu, neste momento só son 1601 ficheiros.... > > Se te animas a comezar, daremosche moitos, algo así como 1601, para que o > fagas :) > > Fora coñas, iso creo que é excesivo, só que cando alguen se poña a > incorparar unha(s poucas) liña(s) revise os termos conflictivos e sobre iso > si que se pode facer unha pequena (ou non tanto) táboa.
Se facemos unhas normas, guía de estilo, terminoloxía, o axeitado é que se usen en todas partes igual, na medida do posible. -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl