2010/5/8 marcoslans <antipar...@gmail.com>:
> Listo erros menores neste aplicativo:
>
>
>
> Por favor, espere mentres a súa gravación se codifica
> ATENCIÓN!
> Se preme cancelar ou pecha esta xanela
> o proceso non poderá retomar!---->coido que sería mellor  'non poderá
> continuar'
>
> Frames por segundo----->mellor cadros ou fotogramas?
>
> On the fly---->noutros aplicativos tradúcese como Ao voo
>
> Outline está traducido como esquema, nesta aplicación o que fai é poñer
> un recadro ou contorno sobre a área da pantalla do computador que vai
> capturar. Opino que sería máis aproximado traducir por contorno ou recadro.
>
> Resetar área de captura
>
> Descartar frames(codificador)
>
> Directorio onde se grardaran os ficheiros temporais
>
>
> Frequencia de son
>
> Normal é o cursor que soes ver mentres gravas,
> mentres que branco e negro son cursores falsos, debuxados polo aplicativo.
> Tamén podes desactivar o debuxo do cursor.--->(tratamento informal)
>
> Alternancia na tradución de enable por activar/habilitar
> Alternancia Canles/Canais
>
> porque pode facer mucho máis lento o aplicativo
>
> Activar ou desactivar consellos, como esta.
> (Require reinicio)
>
>
> Resetear a área de captura despois de cada
> gravación e cando se feche o aplicativo.
>
> pasarán a recordMyDesktop ao inicializarse. (non sería iniciarse?)
>
> O servidor Jack debe estar correndo para poder
> obter os portos que se gravaran.--->(debería ser gravarán)

"run"=="executar"!="correr"

> O audio gravado de cada un será escrito na sá canle propia.
> recordMyDesktop debe ser compilado con compatibilidade
> JACK para que esta opción funcione.

O de "será escrito" soa un tanto raro

> Seleccione os portos que queres gravar
> (Manteña premido Ctrl para seleccionar mais dun)
>
> Portos disponíbeis (dubre click para engadir)
>
> Portos selecionados (dubre click para eliminar):

Outra cousa, fun hai un anaco ver a tradución esta e vin moito
"amosar", que non está mal, pero que se decidira deixar de usar para
homoxeneizar a tradución cara "mostrar".

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responder a