Boas. De verdade, isto é un cachondeo. Cada x tempo reabrides os debates das traducións. Non o entendo. Xa o sei que nunca vamos a estar dacordo ao cen por cen, pero xa o dixen e volvo a repetilo, todos temos que ceder. Hoxe uns e mañá outros, senón non avanzamos.
Eu non era partidario de xanela, prefería fiestra, polo menos é o que se emprega na miña zona, pero aquí a comunidade emprega xanela e xa está. Con respecto a separador e a outras máis, como pode ser camiño vs ruta. De verdade, temos que intentar asentar traducións e avanzar e non cada dous por tres cambiar. Eu agora estou comezando a asumir Mozilla e xa vos digo que en principio, tab vai a traducirse como separador. Se hai algunha tradución diferente tratarei de normalizala por separador. O dito e insisto, avancemos e pechemos temas, porque isto é imposible. Unha aperta. 2010/6/4 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: > 2010/6/4 damufo <dam...@gmail.com>: >> Boas: >> Sobre separador. >> Actualmente se non me erro: >> >> - Separador, liña vertical ou horizontal que serve para separar vairas >> partes dentro dunha interface. >> - Separador: liña horizontal que separa os elementos nos menús de navegación >> - separador: lingüeta >> >> Ten sentido sobrecargar a separador cando lingüeta, lapela, aba están >> dispoñibles para este uso? >> >> Se é o caso gustaríame que alguén ofreza información da xustificación >> desta escolla. > > Este debate mellor no Glósima, creo eu. > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > -- Ubuntu-l10n-gl mailing list Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl