> Aclaro: Branch dentro dun sistema de control de versións é unha
> ramificación do fluxo normal de desenvolvemento que se emprega
> temporalmente ou non como método de separación. Separación ben porque se
> está a traballar nunha  nova funcionalidade ou ben como método de estudo
> alternativo do desenvolvemento.
>
>
> Acabo de ver en launchpad que a traduzón de git-gui estase
> a traducir Branch como Galla. 2 cousas:
>
>  - O que máis importa: cando se consensuou iso... Eu estiven na
>   discusión dese termo e quedouse en traducilo como "Rama" ou
>   ramificación". Eu emprego git a diario en todos os meus proxectos
>   de desenvolvemento polo que como comprenderedes non entendo esa
>   traduzón.
>  - Entendo que galla é "Cada unha das partes en que se divide o tronco
>   ou o talo dunha planta". Pero certamente eu e todos os que me
>   rodean e que se adican a desenvolvemento de software é a primeira vez
>   que escoitan tal cousa. Está ben recoller termos do galego pero tedes
>   que entender que o desenvolvedor xa ten suficientes rompedeiros de
>   cabeza como para que teña que tamén que estudar o que significa cada
>   novo elemento do seu aplicativo habitual.
>
> Resumindo: porqué non empregamos o Principio da Mínima Sorpresa cando
> esteamos en interfaces de desenvolvemento??? Eu seguindo co consenso
> seguirei traducindo Branch->Ramificación polos motivos antes citados.
>
> Aproveito para darlle a noraboa a Trasno xa que por fin están petando
> nas portas da Xunta para ser unha asociación regularizada. Dádelle duro
> rapaces.

Ola,
eu persoalmente prefiro póla. Todos entende de que se fala.

O de PMS pode provocar ataques de risa se se viu TBBT.

Dise "parabéns".

Aproveito para indicar que eu tamén teño un ou dous ficheiros que
están pendentes da fixación da terminoloxía referente a este ámbito.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a