-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Ola a tod en s,

Aclaro: Branch dentro dun sistema de control de versións é unha
ramificación do fluxo normal de desenvolvemento que se emprega
temporalmente ou non como método de separación. Separación ben porque se
está a traballar nunha  nova funcionalidade ou ben como método de estudo
alternativo do desenvolvemento.


Acabo de ver en launchpad que a traduzón de git-gui estase
a traducir Branch como Galla. 2 cousas:

 - O que máis importa: cando se consensuou iso... Eu estiven na
   discusión dese termo e quedouse en traducilo como "Rama" ou
   ramificación". Eu emprego git a diario en todos os meus proxectos
   de desenvolvemento polo que como comprenderedes non entendo esa
   traduzón.
 - Entendo que galla é "Cada unha das partes en que se divide o tronco
   ou o talo dunha planta". Pero certamente eu e todos os que me
   rodean e que se adican a desenvolvemento de software é a primeira vez
   que escoitan tal cousa. Está ben recoller termos do galego pero tedes
   que entender que o desenvolvedor xa ten suficientes rompedeiros de
   cabeza como para que teña que tamén que estudar o que significa cada
   novo elemento do seu aplicativo habitual.

Resumindo: porqué non empregamos o Principio da Mínima Sorpresa cando
esteamos en interfaces de desenvolvemento??? Eu seguindo co consenso
seguirei traducindo Branch->Ramificación polos motivos antes citados.

Aproveito para darlle a noraboa a Trasno xa que por fin están petando
nas portas da Xunta para ser unha asociación regularizada. Dádelle duro
rapaces.

Saúdos
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     listas en mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrOCvwACgkQmLtmJqKk+bgPCACcCJP6Nwfv6vIN9tZcVfa0vhuI
V6YAn0KjQHzmZM68oae7D4xsTVYZjv5H
=UfuS
-----END PGP SIGNATURE-----

Responderlle a