> Moitísimas grazas, Fran e Leandro, polas respostas tan prontas e céleres!
>
> Vin que efectivamente 'data source' está maioritariamente traducido como
> 'fonte de datos'. Non o comprobei porque estaba convencido de que era 'orixe
> de datos', supoño que por pensar que sería a mesma tradución que en Windows.
> Talvez debería abrir outro fío para isto, pero en principio se non vai a
> máis pregunto aquí: cal foi o criterio aplicado para escoller 'fonte de
> datos' e non 'orixe de datos'? Ou foi unha escolla espontánea?

Eu diria que foi unha escolla espontánea. Certamente igual lle acaia
mellor orixe, quitando "source code".

> Interésanme moito os criterios que inciden nas decisións deste tipo.
>
> Entón, Fran, o 'source' de 'data source' tradúcese por 'fonte' pero no meu
> exemplo suxires traducir 'feed source' por 'orixe da fonte'. Non sei. Supoño
> que é a mellor opción, o contexto así o esixe, aínda que pareza un pouco
> arbitrario. Fica claro que feed é fonte, en todo caso.
>
> Estou aproveitando para facer consultas antes de que nos pechen a lista :)
> Cando tal acontecer, supoño que os arquivos desta lista ficarán a libre
> dispor da comunidade en terreo neutral, no?

Non che podo contestar a iso. Agardamos que a xente se mova a outras
partes, por exemplo á rolda de Trasno.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a