Pode ter o seu interese considerar que é frecuente que a única maneira é 
considerar o termo e non a palabra. De modo que, segundo o "concepto" do 
que esteamos a tratar o equivalente pode/debe ser distinto.

Segundo o glosario de localización de Mancomún (con valor documental ou 
testemuñal, non prescritivo)

"*feed*"

"alimentación|fonte de novas|feed"

Para o que discutimos aquí serían as dúas últimas opcións, en Mancomún 
xeralmente óptase por fonte e non polo anglicismo, que considero 
innecesario.

Source

"source buffer"    
    "búfer de orixe"
"source file"    
    "ficheiro de orixe|ficheiro orixinal"
"source files"    
    "ficheiros de código fonte"
"source package"    
    "paquete de código fonte"
"source name"    
    "nome da fonte|nome da orixe"
"source view"    
    "visualización da fonte"


Curiosamente non aparece "data source" que engade Fran e que na miña 
opinión, neste ámbito, pode ser orixe de datos, se queremos unha 
expresión moi exacta.

Ora ben lembrade que algo tan xenérico como "data source" ten 
naturalmente uso noutros ámbitos como por exemplo o documentalista ou 
bibliotecario, a investigación, ... onde claramente se opta por "fonte 
de datos" (fontes de información) ata o punto de que unha fonte de datos 
pode ser mesmo unha persoa física.



Manuel Souto Pico escribiu:
> A ver a ver :)
>
>
> 2009/10/14 Fran Dieguez <listas en mabishu.com <mailto:listas en mabishu.com>>
>
>     -----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
>     Hash: SHA1
>
>     >> Entón, Fran, o 'source' de 'data source' tradúcese por 'fonte'
>     pero no meu
>     >> exemplo suxires traducir 'feed source' por 'orixe da fonte'.
>     Non sei. Supoño
>     >> que é a mellor opción, o contexto así o esixe, aínda que pareza
>     un pouco
>     >> arbitrario. Fica claro que feed é fonte, en todo caso.
>
>     Non dixen tal, espera que me explico
>
>     data source = orixe dos datos, partindo da base que os anglosaxóns
>     transpoñen os adxectivos, "de os datos" podemos tomalo como un
>     adxectivo.
>
>
> Desculpa, lin mal eu. Mimá, como estou, o que ten non dormir... 
> Entendín "Neste momento non hai ningunha orixe de fontes.", que era a 
> túa proposta de tradución, como "Neste momento non hai ningunha orixe 
> de datos" (nas memorias). Desculpas, desculpas, tentarei dormir máis.
>
> De todas as formas non me queda claro como se debe traducir "data 
> source": "orixe de datos" ou "fonte de datos"? Vin que a tradución 
> maioritaria en FOSS é "fonte de datos" e que o termo "orixe de datos" 
> practicamente só aparece en Windows, pero eu tamén penso que "orixe de 
> datos" lle acae mellor. Ademais, creo que non é boa esa discrepancia 
> terminolóxica entre aplicacións de Windows e aplicacións libres na 
> mesma lingua....
>
>
>     feed source = polo mesmo principio que o anterior feed = fonte,
>     source =
>     orixe.... orixe da fonte.
>
>     feed para min sempre ten un significado de emanación.
>     Mentres que source  para min ten un significado de lugar.
>
> Entendo.
>  
>
>     >> Estou aproveitando para facer consultas antes de que nos pechen
>     a lista :)
>     >> Cando tal acontecer, supoño que os arquivos desta lista ficarán
>     a libre
>
>     Non se terminará o mundo tan pronto... Hai máis lugares onde
>     preguntar,
>     como por exemplo a rolda de trasno.net <http://trasno.net>. E se
>     non se crean.
>
> Eu preguntábao por seguir tendo acceso ao arquivo, para consultar as 
> cousas que se falaron nesta lista, non para seguir usándoa. Sobra 
> listas, a de Trasno é ideal. Supoño que o arquivo desta poderá seguir 
> no poder da comunidade. Daquí a un tempo sempre haberá quen queira 
> consultar os arquivos para ver qué se dixo sobre tal ou tal outro tema...
>
> Saúdos e mil grazas, Manuel
>
>
>
> - --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com         -     listas en mabishu.com 
> <mailto:listas en mabishu.com>
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
> -----BEGIN PGP SIGNATURE-----
> Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
> Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
>
>     iEYEARECAAYFAkrWRVMACgkQmLtmJqKk+biLrACcD7Y3xl6qBsQcAnvHyE7tPq4l
>     yjoAn0bL7W1YxbDB3cpNPo0HH/LXYRGZ
>     =XeFZ
>     -----END PGP SIGNATURE-----
>     _______________________________________________
>     G11n mailing list
>     G11n en mancomun.org <mailto:G11n en mancomun.org>
>     http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Responderlle a