>> Moi boas novas Dani,
>>
>> avisa cando remates que me interesa moitísimo, como podes ver emprego o
>> enigmail... vou comentando polo medio da túa mensaxe
>>
>>> por fin retomei a tradución do Enigmail, un plugin PGP/GPG para
>>> Thunderbird.
>>>
>>> bom, vou dando con varios problemas na tradución e quería comentar algún
>>> deles:
>>> hash algotihtm -> algoritmo Hash ; parecevos boa tradución?
>>
>> algoritmo de hash
>>
>>> idle -> ausente?
>>
>> Sei a que se refire nese caso, é relativo ao almacenamento do
>> contrasinal de desbloqueo da chave privada durante un tempo, e logo de
>> pasar ese tempo "inactivo" esquénceo.
>>
>>> reset -> reiniciar?
>>
>> Restablecer
>>
>>> Web of Trust -> ?¿ (Web de confianza?)
>>
>> Rede de confianza, chamada así en redes GPG
>>
>>> Log directory - directorio de ficheiros de rexistro? (a miña dúbida está
>>> en se traducir "log", principalmente)
>>
>> Cartafol de rexistro
>>
>>> logfile - ficheiro de rexistro (o mesmo)
>>
>> Ficheiro de rexistro
>>
>>> missing keys - chaves que faltan (ou chaves perdidas?)
>>
>> Chaves que faltan
>>
>>> refresh - recargar
>>
>> Actualizar
>>
>>> fingerprint -> aquí non sei se poñer "pegada dixital" ou "impresión
>>> dixital". o da impresión dixital vexo que é o que usan en portugués, e
>>> tamén aparece na tradución de seahorse de quinteiro... así que, por
>>> coherencia, supoño que mellor impresión dixital, non?
>>
>> pegada dactilar, segundo discutimos aquí
>> http://trasno.net/lurker/message/20091014.072140.433727d9.gl.html

Para a marca dos dedos é "pegada dactilar". Para outros contextos é
"pegada dixital".

>>> algo que atopei no seahorse, que non me gustou foi un: "impor a
>>> confianza do propietario", que supoño que é un "set trust on key owner"
>>> ou algo polo estilo. é común utilizar iso de "impor" no lugar de "set"?
>>
>> non, non sei de onde sae impor
>> "estabelecer a confianza no propietario da chave"

Na dúbida sobre "set" usaría "definir" en vez de "estabelecer".

> Nada que obxectar. Impresionante

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a