Ola,
acabo de ver hai un anaco que actualizaron o arquivo que hai en
http://ghicho.iespana.es/ incluíndo máis ficheiros e para tocar as
narices cambiándolle os nomes.

Aínda así en dez minutiños arranxei o script de creación da base de
datos que xa tiña e xa está rulando outra vez, agora con máis datos. O
script de consulta non cambiou nada, e segue as mesmas instruccións
que xa puxen noutra mensaxe anterior e que vou copiar aquí embaixo
para non vos marear:

> Envíovos unha nova versión que permite indicar as consultas como
> exactas ou inexactas. É dicir con
>
> ./script --fuzzy tab
>
> obtéñense tódolos resultados tal como se obtiñan antes, só que é
> bastante máis lento agora. Co exemplo este obterianse todas as
> entradas que teñan algunha tradución en inglés que conteña tab: table,
> executable, database, portable...
>
> Ca opción nova:
>
> ./script --exact tab
>
> só se obteñen as entradas que teñen algunha tradución en inglés que
> conteña "tab" e "tab" non forma parte de ningunha palabra con máis
> caracteres. Devolveria "tab order", "tab", "next tab" pero non
> "tabulation" nin nada diso.
>
> Lembrade que se pode consultar por frases, con ambos modos:
>
> ./script --exact database manager applet
>
> buscaria os resultados usando a cadea "database manager applet".


Ata logo,
                     Leandro Regueiro
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : scripts_para_crear_e_consultar_bd_glosarios_version4.tar.gz
Tipo       : application/x-gzip
Tamaño     : 5225 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091030/b1f9d7a5/attachment-0001.bin
 

Responderlle a