>> Ola,
>> acabo de ver hai un anaco que actualizaron o arquivo que hai en
>> http://ghicho.iespana.es/ incluíndo máis ficheiros e para tocar as
>> narices cambiándolle os nomes.
>>
>> Aínda así en dez minutiños arranxei o script de creación da base de
>> datos que xa tiña e xa está rulando outra vez, agora con máis datos. O
>> script de consulta non cambiou nada, e segue as mesmas instruccións
>> que xa puxen noutra mensaxe anterior e que vou copiar aquí embaixo
>> para non vos marear:
>>
>>> Envíovos unha nova versión que permite indicar as consultas como
>>> exactas ou inexactas. É dicir con
>>>
>>> ./script --fuzzy tab
>>>
>>> obtéñense tódolos resultados tal como se obtiñan antes, só que é
>>> bastante máis lento agora. Co exemplo este obterianse todas as
>>> entradas que teñan algunha tradución en inglés que conteña tab: table,
>>> executable, database, portable...
>>>
>>> Ca opción nova:
>>>
>>> ./script --exact tab
>>>
>>> só se obteñen as entradas que teñen algunha tradución en inglés que
>>> conteña "tab" e "tab" non forma parte de ningunha palabra con máis
>>> caracteres. Devolveria "tab order", "tab", "next tab" pero non
>>> "tabulation" nin nada diso.
>>>
>>> Lembrade que se pode consultar por frases, con ambos modos:
>>>
>>> ./script --exact database manager applet
>>>
>>> buscaria os resultados usando a cadea "database manager applet".
>
> Importante, non me lembrei de borrar a liña esa que puxen para incluír
> unha copia do glosario de Marce, e que sobra do ficheiro de creación
> da base de datos a non ser que consigades o ficheiro dende
> http://websvn.kde.org/*checkout*/trunk/l10n-kde4/gl/terms.tbx e lle
> cambiedes o nome polo nome que está no código do script en Python.
> Outra opción é directamente eliminar a liña conflitiva, pero igual a
> Marce non lle gusta :)

Ola de novo.
Envío a última versión dos scripts para poder xerar a base de datos
incluíndo o TBX da wiki de Mancomún e o do glosario de openSuse. Vai
no anexo.
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : scripts_para_crear_e_consultar_bd_glosarios_version5.tar.gz
Tipo       : application/x-gzip
Tamaño     : 5284 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091125/992f1c6a/attachment.bin
 

Responderlle a