2009/10/30 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> Ola,
> acabo de ver hai un anaco que actualizaron o arquivo que hai en
> http://ghicho.iespana.es/ incluíndo máis ficheiros e para tocar as
> narices cambiándolle os nomes.
>
> Aínda así en dez minutiños arranxei o script de creación da base de
> datos que xa tiña e xa está rulando outra vez, agora con máis datos. O
> script de consulta non cambiou nada, e segue as mesmas instruccións
> que xa puxen noutra mensaxe anterior e que vou copiar aquí embaixo
> para non vos marear:
>
>> Envíovos unha nova versión que permite indicar as consultas como
>> exactas ou inexactas. É dicir con
>>
>> ./script --fuzzy tab
>>
>> obtéñense tódolos resultados tal como se obtiñan antes, só que é
>> bastante máis lento agora. Co exemplo este obterianse todas as
>> entradas que teñan algunha tradución en inglés que conteña tab: table,
>> executable, database, portable...
>>
>> Ca opción nova:
>>
>> ./script --exact tab
>>
>> só se obteñen as entradas que teñen algunha tradución en inglés que
>> conteña "tab" e "tab" non forma parte de ningunha palabra con máis
>> caracteres. Devolveria "tab order", "tab", "next tab" pero non
>> "tabulation" nin nada diso.
>>
>> Lembrade que se pode consultar por frases, con ambos modos:
>>
>> ./script --exact database manager applet
>>
>> buscaria os resultados usando a cadea "database manager applet".

Importante, non me lembrei de borrar a liña esa que puxen para incluír
unha copia do glosario de Marce, e que sobra do ficheiro de creación
da base de datos a non ser que consigades o ficheiro dende
http://websvn.kde.org/*checkout*/trunk/l10n-kde4/gl/terms.tbx e lle
cambiedes o nome polo nome que está no código do script en Python.
Outra opción é directamente eliminar a liña conflitiva, pero igual a
Marce non lle gusta :)

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a