Xa que cambiamos o tema, haberá que cambiar o asunto do fío, non?

Estou de acordo con Marce, un pangrama informático completo en galego 
debería ter (creo que non me esquece ningunha letra):

a, á, b, c, d, e, é, f, g, h, i, í, ï, l, m, n, ñ, o, ó, p, q, r, s, t, 
u, ú, ü, v, x, z  - (os dígrafos poderían obviarse: ch, gu, ll, nh, qu, 
rr). 0123456789

Entendo que os antigos j, ç, y e as estranxeiras k, w tampouco teñen que 
estar.

Obviamente con todo iso non pode ser unha frase curta, que non haxa 
moita repetición, que ademais teña sentido e sexa artística... entón a 
cousa ponse moi costa arriba. Aí é onde estaría o mérito.

Pero un pangrama razoábel podería ser moito menor, por exemplo con

a, á, b, c, d, e, é, f, g, h, i, í, l, m, n, ñ, o, ó, p, q, r, s, t, u, 
ú, v, x, z

Extra bonus con + j , ç, y, k, w


Por exemplo a

- *Miúdiño chove sobor do barro no que choupan os meus zapatos

Fáltalle : á, é, í, ó, ú (porque se escribe miudiño), f,g,l,x (e tamén j,k,w,y)

- Necesitamos unha tipografía chuliña de cor kiwi, que lle zorregue unha 
labazada visual á xente

Está case completo e sería aceptábel pero falta:  é, ó, ú, j, y ...

Se non hai proposta mellor utilizaremos esta última.

Antón 



mvillarino escribiu:
>> Sen dúbida mellor este «Miúdiño chove sobor do barro no que choupan os
>> meus zapatos.» Haberá máis opcións ou facemos un concurso?
>>     
>
> A ver. Mellor, mellor, é a outra, xa que contén máis letras
> _diferentes_, esta non contén o «x».
> Haber haberá máis posibilidades: tampouco estaría de máis facer un concurso.
>
> A outra frase é dunha páxina web de tipografía. Descoñezo da de
> «miudiño...», esa deberíadeslla preguntar a Xabi G. Feal ou a J.
> Bravo, pois xa ven de KDE3, ou antes.
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 854 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090609/03eb6c2f/attachment.vcf
 

Responderlle a