O Luns, 8 de Xuño de 2009 14:59:17 Antón Méixome escribiu:
> O Corpus de Mancomún presenta, desde hai uns días unha nova mellora no
> seu camiño de desenvolvemento. Agora pódense ofrecer referencias de
> buscas. Para entendernos
>
> Antes: un mesmo enderezo para calquera busca
>   http://corpus.mancomun.org/cgi-bin/xes_termos.pl
>
> Agora: un enderezo único para cada busca
>
> http://corpus.mancomun.org/cgi-bin/xes_termos.pl?termo=window&proxecto=Todo
>s&idioma=en
>
>
> Isto facilita en grande medida a súa utilización para referenciamento de
> termos nos debates terminolóxicos e na documentación sobre o seu uso e
> xunto coa creación dos motores de busca embutidos en Firefox de hai uns
> meses supón un claro avance para a reutilización e explotación dos
> recursos da comunidade.

Para empregalo como atallo web de Konqueror:

Configuración->Atallos web->Novo (Atallos web está na cuarta posición do grupo 
de Navegación)
No diálogo:
    Nome do motor: mancomún (por ex.)
    URI de procura:  
http://corpus.mancomun.org/cgi-bin/xes_termos.pl?termo=\{@}&proxecto=Todos&idioma=0
    URI de atallo:      mancomun (por ex.)
    Conxunto de caracteres: Predeterminado

Logo, para empregalo, abonda con escribir na barra de enderezos «mancomun: 
fox», onde fox 
é a expresión inglesa a procurar.

Xa postos, non estaría de máis que empregásedes un pangrama en galego, como 
«Necesitamos
unha tipografía chuliña de cor kiwi, que lle zorregue unha labazada visual á 
xente»,
ou «Miúdiño chove sobor do barro no que choupan os meus zapatos.»

Reply via email to