>> Fai tempo que non sigo esta rolda, por perder a utilidade para a que foi >> creada... >> > Non sei en Gnome hai actualmente consistencia, pero case o >> > dubido. >> > >> > >> Grazas por desprezar o traballo dos dem�is, terase en conta. > > Si, o comentario foi bastante desafortunado. Supoño que por > descoñecemento. > Eu simplemente non o terÃa en conta; non merece a pena.
Vou contestar a esta opinión sobre o meu comentario aquí, e ao resto das cousas no novo fío creado por Miguel Branco. Non dubido que na parte de Gnome que revisou a xente de Tagen Ata (facendo un moi bo traballo, todo hai que dicilo) haxa unha consistencia que podemos chamar case total (non digo total porque non penso que sexan persoas incapaces de cometer erros, nin eles nin ninguén). Pero agora si, Gnome non é só o que eles revisaron e o que fóra diso se foi revisando e traducindo nos últimos meses, hai cousas en Gnome (extras e office) que non se tocaron en anos diria eu. A iso me refiria. Pode que na parte non tocada non haxa aparicións de "pegar", pero isto non quita que para outros termos haxa inconsistencia. Así que non desprezo nin desprecei o traballo de ninguén, que falta non nos fai menosprezar aos compañeiros voluntarios cando aínda nos falta persoal. Sigo no outro fío dentro dun anaco. Ata logo, Leandro Regueiro