> > Ata onde eu sei, as traducións dos productos máis representativos tiñan
> > unha consistencia alta ou moi alta e as diferenzas eran despreciabeis. E
> > cando falo de "productos máis representativos" falo de aplicacións de
> > varios miles de cadeas de diferentes campos e que compartían as mesmas
> > solucións...
> >
> > Se nestos momentos esa consistencia comeza a debilitarse, haberá que
> > preguntarse porqué e poñerse a correxila.
> >
>
> O traballo feito xa non ten ningunha utilidade, porque non é certo que
> haxa consistencia. Pode que no Mozilla e no OO.org si, pero se saimos
> de aí xa non. E cas traducións deses dous "produtos" non imos moi
> lonxe. Non sei en Gnome hai actualmente consistencia, pero case o
> dubido. 

efectivamente, nunca existiu coherencia entre grupos de traducións. Non hai 
máis ca ir a open-trad.eu e ir buscando termos, e abonda con probar cos máis 
frecuentes e básicos

> En todo caso en KDE e no resto de traducións non se usa
> "colar" ou o seu uso é totalmente minoritario.

eu diria que inexistente

>Como nota lembro que Marce comentara que o
> proceso de revisión de KDE estará nun ano ou dous, o que debería dar
> conta da magnitude dos cambios.

1 ou 2 nada máis?

facer un cambio coma "pegar" > "colar" (por exemplo!) suporía facer centos de 
cambios (hai que contar cos derivados de colar, for instance) . Nestes cambios 
mesmo pode haber regresións importantes: algúns cambios serán moi sinxelos e 
rápidos pero outros non. Así que a discusión "pegar"/"colar" non é vanal. 

Reply via email to