Pois é o que hai... Galiza vota a ignorantes-especuladores e Galiza ten o
que ten... que queremos de gobernantes que pensan que un organismo público
se pode xestionar como se fose unha empresa privada?????????????

Esta claro que esta xente debería de viaxar máis, ir a California, a
Alemania, A Francia,... Ostias!!! estados gobernados pola dereita que
apostan polo Sw libre... logo esta claro que o problema o teñen primeiro na
súa ignorancia e segundo no fobia a todo aquelo feito polo bipartido; así se
goberna aquí, desfacer o que outros crean ainda que só sexa por eliminar a
súa pegada, de nada importa se algo funciona ou non, simplemente se elimina
polo feito de ser creado polo ribal político.



2009/7/9 Minhoca <minhoca en ciberirmandade.org>

>
> http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=908&catid=92&Itemid=130
>
> Acaba de ser publicada a folla de ruta tecnolóxica da Xunta do Partido
> Popular e todo parece confirmar os peores agoiros que ameazaban os
> proxectos tecnolóxicos iniciados polo bipartito. Iniciativas tan
> positivas como Mancomún, Galinux ou a Rede de Dinamización quedan
> condenadas a desaparecer unha vez que o PEGSI sexa derogado polo novo
> "Plan Estratéxico Global" que se licitará neste mes de xullo.
>
> Tal como se pode comprobar no documento aprobado hoxe, a Xunta do
> Partido Popular acaba de aprobar un plan no que os proxectos
> tecnolóxicos do bipartito desaparecen completamente, sen propoñer
> alternativas concretas que os reemprazen.
>
> En contra das promesas electorais de Núñez Feijóo -lembremos que
> prometeu implantar o software libre na Xunta- o plan tecnolóxico nin
> siquera menciona esta posibilidade. Esta omisión resulta especialmente
> significativa nun dos eixos prioritarios, o do "e-goberno" (ou sexa, a
> administración electrónica) no que nin sequera se mencionan os
> estándares abertos.
>
> A falta de compromiso co software libre contrasta coas adxudicacións
> multimillonarias feitas a Microsoft e autorizadas polo Partido Popular
> en canto chegaron ao poder, tal como denunciou no seu día a prensa.
>
> Feijóo mesmo chegou a verse recentemente traizoado polo subconsciente ao
> afirmar "Me gustaría poder tener un 'Power Point' para explicar todo el
> plan", nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Toda unha
> declaración de principios implícita.
>
> --
> ---
>      Saúde.
> ......................................................................
> Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
>
> CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
> http://www.ciberirmandade.org
>
> A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
> ......................................................................
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>



-- 
Toniolugo_
toniocastro.wordpress.com
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090709/a430f9ff/attachment-0001.htm
 

Responderlle a