Esta xente está a moverse:

http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?p=27493#p27493

Parece unha boa idea.

Manuel Souto Pico escrebeu:
> E ninguén vai facer nada?
> 
> 
> 2009/7/9 tonio <toniolugo en gmail.com>
> 
> > Pois é o que hai... Galiza vota a ignorantes-especuladores e Galiza ten o
> > que ten... que queremos de gobernantes que pensan que un organismo público
> > se pode xestionar como se fose unha empresa privada?????????????
> >
> > Esta claro que esta xente debería de viaxar máis, ir a California, a
> > Alemania, A Francia,... Ostias!!! estados gobernados pola dereita que
> > apostan polo Sw libre... logo esta claro que o problema o teñen primeiro na
> > súa ignorancia e segundo no fobia a todo aquelo feito polo bipartido; así se
> > goberna aquí, desfacer o que outros crean ainda que só sexa por eliminar a
> > súa pegada, de nada importa se algo funciona ou non, simplemente se elimina
> > polo feito de ser creado polo ribal político.
> >
> >
> >
> > 2009/7/9 Minhoca <minhoca en ciberirmandade.org>
> >
> >
> >> http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=908&catid=92&Itemid=130
> >>
> >> Acaba de ser publicada a folla de ruta tecnolóxica da Xunta do Partido
> >> Popular e todo parece confirmar os peores agoiros que ameazaban os
> >> proxectos tecnolóxicos iniciados polo bipartito. Iniciativas tan
> >> positivas como Mancomún, Galinux ou a Rede de Dinamización quedan
> >> condenadas a desaparecer unha vez que o PEGSI sexa derogado polo novo
> >> "Plan Estratéxico Global" que se licitará neste mes de xullo.
> >>
> >> Tal como se pode comprobar no documento aprobado hoxe, a Xunta do
> >> Partido Popular acaba de aprobar un plan no que os proxectos
> >> tecnolóxicos do bipartito desaparecen completamente, sen propoñer
> >> alternativas concretas que os reemprazen.
> >>
> >> En contra das promesas electorais de Núñez Feijóo -lembremos que
> >> prometeu implantar o software libre na Xunta- o plan tecnolóxico nin
> >> siquera menciona esta posibilidade. Esta omisión resulta especialmente
> >> significativa nun dos eixos prioritarios, o do "e-goberno" (ou sexa, a
> >> administración electrónica) no que nin sequera se mencionan os
> >> estándares abertos.
> >>
> >> A falta de compromiso co software libre contrasta coas adxudicacións
> >> multimillonarias feitas a Microsoft e autorizadas polo Partido Popular
> >> en canto chegaron ao poder, tal como denunciou no seu día a prensa.
> >>
> >> Feijóo mesmo chegou a verse recentemente traizoado polo subconsciente ao
> >> afirmar "Me gustaría poder tener un 'Power Point' para explicar todo el
> >> plan", nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Toda unha
> >> declaración de principios implícita.
> >>
> >> --
> >> ---
> >>      Saúde.
> >> ......................................................................
> >> Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
> >>
> >> CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
> >> http://www.ciberirmandade.org
> >>
> >> A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
> >> ......................................................................
> >>
> >> _______________________________________________
> >> G11n mailing list
> >> G11n en mancomun.org
> >> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> >>
> >
> >
> >
> > --
> > Toniolugo_
> > toniocastro.wordpress.com
> >
> > _______________________________________________
> > G11n mailing list
> > G11n en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> >
> >

> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n


Responderlle a